Dinahosting
Dinahosting | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2001 |
Localización | Rúa das Salvadas 41, 15705 Santiago de Compostela A Coruña Galicia |
Industria | TIC |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dinahosting S.L. é unha empresa galega dedicada ao rexistro de dominios, hosting, VPS e servidores dedicados. Fundouse no ano 2001 e ten a súa sede en Santiago de Compostela.
É a única compañía de Galiza autorizada pola ICANN ao rexistro de dominios (en toda España só hai unha ducia de empresas habilitadas), e é tamén axente autorizado por ESNIC para os dominios .es, ademais de membro de RIPE (a entidade europea que xestiona a asignación de IPs).[1] Dende o 2007 os seus servidores están localizados no centro de datos Interxion,[2] en Madrid.
Outros datos
[editar | editar a fonte]No inverno de 2009, Dinahosting utilizou a imaxe do Apalpador, unha figura mítica do Nadal galego, na súa campaña publicitaria [3].
Ten servizos de atención e tradución en todas as linguas oficiais de España (galego, castelán, vasco e catalán), ademais de en inglés e portugués.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dossier de prensa Arquivado 22 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
- ↑ Dinahosting traslada o seu CPD a Interxion Arquivado 18 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "O milagre da firma galega de dominios" Arquivado 09 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., noticia publicada por A Nosa Terra Consultado o 8 de febreiro de 2010.