Dinamo Sassari
Dinamo Sassari | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Dinamo Basket Sassari |
Liga | LBA / BCL |
Alcume | Banco, Biancoblu, Giganti |
Fundación | 23 de abril de 1960 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Stefano Sardara |
Adestrador | Piero Bucchi |
Patrocinador | Banco di Sardegna |
Localización | |
Cidade | Sassari, Italia |
Pavillón | PalaSerradimigni |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 1981 |
Campionatos | |
FIBA Europe Cup | 1 (2019) |
Liga Italia | 1 (2015) |
Copa Italia | 2 (2014, 2015) |
Supercopa | 2 (2014, 2019) |
dinamobasket.com |
O Polisportiva Dinamo, máis coñecido como Dinamo Sassari e por motivos de patrocinio chamado Banco di Sardegna Sassari, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Sassari, Sardeña. O Dinamo foi fundado en 1960 e, desde 2010, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O seu maior éxito chegou no ano 2015 coa 2015 consecución do seu primeiro campionato de liga.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado no ano 1960 por un grupo de estudantes da localidade, aínda que non foi até 1963 cando comezou a disputar competicións rexionais. En 1966 alcanza por fin a categoría nacional (Serie C) e en 1981 chega á Serie B. En 1989 accedeu á Serie A2, onde permaneceu até o ano 2000, cando volveu descender á Serie B. Na temporada regular 1994–95 da Serie A2 acadou o récord do club italiano que máis puntos anotou nun só partido sen prórrogas, ao vencer 158-91 ao Pallacanestro Pavia.[1]
Tras tres anos na terceira categoría do baloncesto italiano, regresou á A2. Tras estar moi preto de conseguir o ascenso á Serie A na tempada 2008-09 na que caeu derrotado no play-off final ante Vanoli Soresina por 3-1, a temporada seguinte conseguiu obter unha praza para poder participar por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto italiano de cara á tempada 2010/11. No 2014 logrou a Copa de Italia e a Supercopa de Italia, pasando a competir na Euroliga. Na tempada 2014-15 continúa a progresión ao consagrouse campión da Liga ademais de gañar a súa segunda Copa.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Banco di Sardegna Sassari (1992−2005)
- Banca Popolare Sassari (2005−2006)
- Banco di Sardegna Sassari (2006−2010)
- Dinamo Ford Sassari (2010−2011)
- Banco di Sardegna Sassari (2011−presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Herbert Baker
- Mauro Bonino
- Federico Casarin
- Christian Di Giuliomaria
- Lino Lardo
- Francesco Longobardi
- Tiziano Lorenzon
- Sergio Mastroianni
- Emanuele Rotondo
- Lobito Fernández
- Miro Bilan
- Sani Bečirovič
- Matthew Alosa
- Gerrod Abram
- Floyd Allen
- Scott Bamforth
- George Banks
- Ken Barlow
- Steve Burtt
- Dan Callahan
- Lionel Chalmers
- HL Coleman
- Dallas Comegys
- Damian Cantrell
- Eddie Elisma
- Tony Farmer
- Anthony Frederick
- Jonathan Haynes
- Ethan Happ
- Othello Hunter
- Darius Johnson-Odom
- Jarvis Lang
- Arthur Lee
- Gani Lawal
- Thalamus McGhee
- Kenny Miller
- Jason Parker
- Marshalle Phillips
- Eddie Shannon
- Tom Sheehey
- Irving Thomas
- Paul Thompson
- Jarvis Varnado
- David Young
- Guillame Yango
- Eimantas Bendžius
- Christian Eyenga
- Radisav Ćurčić
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2019
- Campións (1): 2015
- Subampións (1): 2019
- Campións (2): 2014, 2015
- Subampións (1): 2017
Supercopa de Italia
- Campións (2): 2014, 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "B. Sardegna Sassari 158 - 91 Pall. Pavia". Lega Basket. 2 de febreiro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2015.