Dinastía Saxoa
Aparencia
(Redirección desde «Dinastía otoniana»)
A dinastía saxoa ou odoniana (en alemán: Ottonen) foi unha familia nobiliaria de Alemaña (Xermania) durante os séculos IX a XI, algúns de cuxos membros foron reis de Alemaña e emperadores do Sacro Imperio.
Son chamados odónidas polos tres emperadores chamados Odón, e "dinastía saxoa" porque os seus inicios empezan nas terras do ducado de Saxonia. Tamén se denominan Liudolfinger,[1] pola súa orixe familiar, ao seren descendentes do conde saxón Liudolfo (morto no 866), quen foi o seu primeiro devanceiro con certeza.[2]
Os gobernantes odonianos foron os sucesores do rei xermánico Conrado I, que foi o único rei xermánico que gobernou na Francia Oriental despois da dinastía Carolinxia e antes desta dinastía.[3]
Duques de Alemaña
[editar | editar a fonte]- Liudolfo, 843-866? duque dos saxóns orientais.
- Bruno, 866?-880, duque dos saxóns orientais; é posíbel que fora tamén duque de todo o ducado de Saxonia.
- Odón I o Ilustre, 880-912.
Reis e emperadores de Alemaña
[editar | editar a fonte]- Henrique I o Paxareiro, rei de Alemaña (rei dos francos orientais, non coroado emperador), 919-936.
- Odón I o Grande, rei de Alemaña, 936-973, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 962-973.
- Odón II, rei de Alemaña, 961-983, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 967-983.
- Odón III, rei de Alemaña, 983-1002, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 996-1002.
- Henrique II, rei de Alemaña, 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 1014-1024.
Duques de Baviera
[editar | editar a fonte]- Henrique I, 947-955, irmán do emperador Odón I.
- Henrique II, 955-976, 985-995.
- Odón I, sobriño do emperador Odón II, duque de Baviera 976-982, e duque de Suabia, 973-982.
- Henrique IV, fillo de Henrique II de Baviera, duque de Baviera, 995-1004 e 1009-101, rei de Alemaña, 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 1014-1024.
Duques de Suabia
[editar | editar a fonte]- Liudolfo de Suabia, 950-954, fillo do emperador Odón I e da súa primeira esposa Edith de Wessex.
- Odón I sobriño do emperador Odón II e fillo do precedente, duque de Suabia, 973-982, e duque de Baviera, 976-982.
Outros personaxes
[editar | editar a fonte]- Hedwige de Saxonia, ca. 910-965, irmá do emperador Odón I, esposa de Hugo o Grande e nai do rei de Francia Hugo Capeto.
- Bruno de Colonia, 925-965, irmán do emperador Odón I, duque de Lotarinxia, 944-953, e arcebispo de Colonia, 953-965.
- Beata Xisela de Baviera, 984-1059, filla do duque Henrique II de Baviera, irmá do emperador San Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, esposa do rei San Estevo I de Hungría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gauvard, Libera e Zink (2004), p. 1029
- ↑ Foundation for Medieval Genealogy (2021). "Saxony, dukes & electors". fmg.ac. Consultado o 28 de novembro de 2024.
- ↑ Middleton, John (2005). World monarchies and dynasties. Londres: Routledge. ISBN 978-0-7656-8050-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gauvard, Claude; Libera, Alain de; Zink, Michel (2004). Dictionnaire du Moyen Âge (en francés). París: Presses universitaires de France. ISBN 9782130543398.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Saxoa |