Liudolfo de Saxonia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 805 |
Morte | 11 de marzo de 866 (60/61 anos) |
Lugar de sepultura | Abadía de Gandersheim |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Saxoa |
Cónxuxe | Oda de Billung Hatwige von Friaul |
Fillos | Oda von Sachsen () Oda de Billung Thankmar () Oda de Billung Odón I de Saxonia () Oda de Billung Xerberga I () Oda de Billung Hathumoda () Oda de Billung Lutgarda de Saxonia () Oda de Billung Cristina I de Gandersheim () Oda de Billung Bruno de Saxonia () Oda de Billung |
Pais | Bruno III de Angria e Gisla von Verla |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Liudolfo nado contra o ano 805/820 e finado o 11 ou 12 marzo do 866, foi un oficial e conde carolinxio no Ducado de Saxonia dende o 844 até o 866 en que morreu.
A casa Liudolfinga, tamén coñecida como a dinastía odoniana, leva o seu nome por ser el o seu membro verificado máis antigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Liudolfo era fillo dun margrave (en alemán: Markgraf), Bruno (Brun o Brunhart)[1] e da súa esposa, Gisla von Verla.[2] Tiña amplas posesións na zona do Harz occidental e no río Leine. A mediados do século IX, foi nomeado margrave na fronteira oriental de Saxonia nas guerras do rei da Francia Orientalis, Lois o Xermánico, e serviu como líder militar (dux) contra as invasións viquingas[3] e os eslavos polabianos. Algúns autores posteriores denominaron a Liudolfo, duque dos saxóns orientais (dux Orientalis Saxonum),[4] probablemente desde 850, e conde de Ostfalia. O seu cargo pasou á súa vez a dous fillos, o segundo dos cales, Odón, conseguiu o recoñecemento como duque de Saxonia, e posteriormente, engadiu Turinxia ás posesións familiares. O fillo deste Odón, foi o famoso Henrique I de Alemaña, que máis tarde recibiu a coroa real.[3]
Peregrinación
[editar | editar a fonte]Polo 845 ou 846, Liudolfo e a súa muller foron en peregrinación a Roma para pedir permiso para a creación dun convento e que lles desen reliquias. Trala aprobación do papa Serxio II, conseguiron as reliquias dos papas Anastasio I e Inocencio I, quen se converteron nos patróns do convento, e fundaron unha casa de canónigas seculares da nobreza dedicada a els.[5] O mosteiro, debidamente establecido na súa igrexa propietaria en Brunshausen,[6] foi consagrado polo futuro bispo de Hildesheim, Altfrid, e no 852, a filla menor de Liudolfo, Hathumoda, converteuse na súa primeira abadesa.[7][8] Posteriormente, polo 881, o convento foi trasladado para formar a abadía de Gandersheim, elevada a mosteiro imperial polo neto de Liudolfo, Henrique I de Alemaña no 919.
Mentres o rei Lois o Alemán estaba preocupado pola política imperial, Liudolfo, confiando no rango así como nas terras alodiais que herdara dos seus devanceiros, alcanzou unha posición de liderado entre a nobreza saxóa, feito evidente polo matrimonio da súa filla Liutgarda co rei.
Morte
[editar | editar a fonte]Morreu no 866 e foi enterrado na Abadía de Gandersheim. As sucesións dos seus fillos Bruno e Odón non atoparon resistencia. A súa muller, Oda, retirouse tamén á Abadía[8] e morreu o 17 de maio de 913, supostamente aos 107 anos.[9]
Familia
[editar | editar a fonte]Sobre o 830, Liudolfo casou con Oda,[7] filla dun príncipe franco chamado Billung e a súa esposa Aeda. Ao casar coa filla dun nobre franco, Liudolfo seguiu as suxestións expostas por Carlomagno para garantir a integridade do Imperio Carolinxio despois das Guerras Saxoas mediante o matrimonio. Tiveron polo menos sete fillos:[10]
- Bruno (c. 830/840. 830/840 – 880), sucedeu a seu pai como líder saxón;[11] foi o suposto proxenitor dos Brunónidas.
- Oda de Saxonia (c. 845 – 874), casada con Lotario I de Stade.
- Odón o Ilustre (c. 851. – 912), sucedeu a seu irmán no 880; foi o pai de Henrique I de Alemaña.
- Lutgarda (c. 840. – 885), casou no 847 co gobernante franco do Leste, Lois o Mozo, segundo fillo do rei Lois o Xermánico.[12]
- Hathumoda (c. 840. – 874), primeira abadesa de Brunshausen (dende 852).[13]
- Gerberga (d. 896/897), abadesa de Brunshausen (dende 874) e máis tarde de Gandersheim.[13]
- Christina (d. 919/920), abdesa de Gandersheim dende 896/97.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Encyclopaedia Britannica. Ed. Hugh Chisholm. Vol 24. 1911. 268.
- ↑ Keene 2013, p. 30.
- ↑ 3,0 3,1 Stephenson 1935, p. 249
- ↑ Zotto (2009), p. 26
- ↑ Zotto (2009), p. 23
- ↑ Riche 1993, p. 186
- ↑ 7,0 7,1 Schutz 2010, p. 27
- ↑ 8,0 8,1 Zotto (2009), p. 24
- ↑ Odilón de Cluny 2004, p. 24
- ↑ Althoff 2004, p. 388
- ↑ Riche 1993, p. 229
- ↑ Schulman 2002, p. 271
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Riche 1993, p. Táboa 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liudolfo de Saxonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Althoff, Gerd (2004). Family, Friends and Followers: Political and Social Bonds in Early Medieval Europe (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521779340.
- Keene, Catherine (2013). Saint Margaret, Queen of the Scots: A Life in Perspective (en inglés). Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 9781137035646.
- Odilón de Cluny (2004). Queenship and sanctity: The lives of Mathilda and The epitaph of Adelheid (en inglés). (edición e notas de Sean Gilsdorf). Washington D. C.: Catholic University of America Press. ISBN 0-8132-1374-6.
- Riche, Pierre (1993). The Carolingians: A Family who Forged Europe (en inglés). (edición orixinal en francés de 1983). Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 9780812213423.
- Schulman, Jana K. (2002). The Rise of the Medieval World, 500-1300: A Biographical Dictionary (en inglés). Westport, Connecticut / Londres: Greenwood Press. ISBN 0-313-30817-9.
- Schutz, Herbert (2010). The Medieval Empire in Central Europe: Dynastic Continuity in the Post-Carolingian Frankish Realm (en inglés). Cambridge Scholars Publishing.
- Stephenson, Carl (1935). Mediæval History: Europe from the Fourth to the Sixteenth Century (en inglés). Nova York / Londres: Harper & brothers.
- Zotto, Carla del (2009). Rosvita. La poetessa degli imperatori sassoni, collana Donne d'Oriente e d'Occidente (en italiano). Milán: Jaca Book. ISBN 978-88-16-43522-3.