Dinemellia dinemelli
Dinemellia dinemelli | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dinemellia dinemelli no Parque Nacional de Serengeti | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Dinemellia dinemelli (Rüppell, 1845) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Dinemellia dinemelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos.
Trátase dunha especie monotípica, xa que é a única do xénero Dinemellia.
Endémica da África oriental,[2] o seu nome en inglés, white-headed buffalo weaver, alude ao seu hábito de seguir ao búfalo africano (Syncerus caffer), para alimentarse dos insectos escorrentados polos pasos deste gran bóvido.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1863 polo botánico e ornitólogo alemán Ludwig Reichenbach.[4]
Especie
[editar | editar a fonte]En canto a especie, describíraa en 1845 o naturalista, tamén alemán, Eduard Rüppell,[3][4] co nome de Textor dinemelli,[5] na páxina 72 da súa obra Systematische Uebersicht der Vogel Nord-Ost-Afrikas.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tanto o nome do xénero, Dinemellia, como o epíteto específico, dinemelli, derivan do apelido Dimenelli, dun recolledor de espécimes en Etiopía.[5][6]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:[7][8]
- Dinemellia dinemelli boehmi (Reichenow, 1885), na parte sur da súa área de distribución: Kenya e Tanzania.
- Dinemellia dinemelli dinemelli (Rüppell, 1845), parte norte do se territorio: Etiopía, Djibuti, Somalia, Sudán, Sudán do Sur, norte de Kenya e Uganda.
Características
[editar | editar a fonte]É unha ave que mide entre 17 e 19 cm de lonxitude, e ten un peso que oscila entre os 57 e os 85 g.[3] A cabeza, o pescozo e as partes inferiores do corpo son de cor branca.[9] As ás, as partes dorsais e a cola son de cor parda, coa pate baixa da cola de cor avermellada ou alaranxada. Non existe dimorfismo sexual na especie, e ambos os sexos son similares na plumaxe e difíciles de diferenciar. O peteiro é cónico e de cor negra.[3] A subespecie D. d. dinemelli ten a cola de cor parda, mentres que D. d. boehmi a ten negra.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Esta ave é orixinaria dos países da África oriental: Etiopía, Djibuti, Kenya, Somalia, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania e Uganda.[1]
O seu hábitat natural inclúe sabanas, matogueiras de arbustos espiñentos e bosques de acacias.[1][3]
Polo xeral, só se encontra a altitudes inferiores aos 1 400 m.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Dinemellia dinemelli na Lista vermella da UICN.
- ↑ Dinemellia dinemelli en BirdLife International.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "White-headed Buffalo-Weaver.Dinemellia dinemelli". Oiseaux-birds.com. Consultado o 17 de abril de de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Dinemellia Reichenbach, 1863 no ITIS.
- ↑ 5,0 5,1 Jobling, James A (2010): dinemelli, e Dinemellia en The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 136.
- ↑ Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2014): The Eponym Dictionary of Birds. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4729-0573-4.
- ↑ Dinemellia dinemelli (Rüppell, 1845) no ITIS.
- ↑ White-headed Buffalo-weaver. Dinemellia dinemelli en The Internet ICB Bird Collection.
- ↑ "White-headed Buffalo-Weaver". Kenya Birds. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dinemellia dinemelli |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dinemellia dinemelli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
- VV. AA. (1986): Enciclopèdia Natura de los Animales. Voluma 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427.
- Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica. Londres, Reino Unido: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, p. 381.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BirdLife Especies, Ficha técnica.Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine.