Diocese católica latina de Anglia Oriental
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.487.200 (2019) (197,87 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua inglesa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12.570 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1976 | ||||
Catedral | St John the Baptist Cathedral (en) | ||||
Sitio web | eastangliadiocese.org.uk |
A diocese de Anglia Oriental (en lingua latina: Diœcesis Angliæ Orientalis, en inglés: Diocese of East Anglia) é unha diocese católica latina, sufragánea da arquidiocese de Westminster, erixida en 1976 en territorios pertencentes até entón á diocese de Northampton.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese de Anglia Oriental foi erixida o 13 de marzo de 1976 polo decreto Quod Ecumenicum do papa Paulo VI, cubrindo terreos dos condados de Cambridge, Norfolk e Suffolk que até entón pertencían á diocese de Northampton.
O 2 de xuño de 1976 a nova diocese recibiu o seu primeiro bispo, Alan Clark, anteriormente bispo auxiliar de Northampton e co-presidente da ARCIC (Anglican/Roman Catholic International Commission, Comisión Internacional Anglicana-Católica). Como catedral estableceuse a antiga igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Norwich.
Patróns
[editar | editar a fonte]A diocese ten como patróns aos seguintes:
- Nosa Señora de Walsingham, advocación da Virxe María, nai de Xesús. A súa festividade celébrase o 24 de setembro.
- San Edmundo o Mártir, rei católico da antiga Anglia Oriental que morreu na loita contra as invasións danesas. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.
- San Fiz de Borgoña, evanxelizador e primeiro bispo dos anglos orientais. A súa festividade celébrase o 8 de marzo.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de bispos de Anglia Oriental.
- Alan Charles Clark (26 de abril de 1976 – 21 de marzo de 1995, retirado)
- Peter David Smith (21 de marzo de 1995 – 26 de outubro de 2001, nomeado arcebispo de Cardiff)
- Michael Charles Evans (14 de febreiro de 2003 – 11 de xullo de 2011, finado)
- Alan Stephen Hopes (11 de xuño de 2013 - actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diocese of East Anglia, sitio web oficial (en inglés).
- Ficha en Catholic-Hierarchy.org (en inglés).