Saltar ao contido

Dioivo (medio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dioivo
Fundación2012
Na rede
http://dioivo.eu
editar datos en Wikidata ]

Dioivo foi un xornal ou revista electrónica editado en Santiago de Compostela entre 2012 e 2013.

O medio fundárono diversos xornalistas que procedían doutros medios e xornais, tanto electrónicos como físicos, en parte levados pola crise dos medios de comunicación en Galicia que se comezou a producir en 2010 e nos anos subseguintes. Estaba editado por unha asociación cultural sen fin de lucro, a Asociación Cultural Dioivo, que presidía Marga Tojo. O deseño gráfico do medio foi obra de Pancho Lapeña e o seu dominio foi dioivo.eu.

Entre os xornalistas que colaboraron inicialmente en Dioivo estiveron Carlos Meixide, Montse Dopico, Carlos Santiago ou Alberto Ramos.

O medio deixouse de actualizar en agosto de 2013. En outubro de 2013 confirmaban o peche definitivo do medio[1].