Saltar ao contido

Dique natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O delta do río Mississippi, augas abaixo de Nova Orleáns, mostra os diques naturais construídos polos sedimentos do propio río, onde se concentran a poboación e as vías de comunicación. Para mellorar estes diques naturais contra as inundacións, reforzáronse algúns tramos mediante diques artificiais que viñeron a elevar o curso do río e que foron superados polas inundacións ocasionadas polo furacán Katrina en 2005.

Chámase dique natural ao depósito de material arrastrado por un río nas súas beiras, durante as enchentes, o que vai ocasionando, progresivamente, a elevación da ribeira.[1].

Á súa vez, a ribeira dun río tamén recibiu o nombe de ribazo ou terraplén aluvial, e mesmo o de levée, como en francés ou inglés (neste último caso, sen acento).[2].

Situación

[editar | editar a fonte]

Son moi frecuentes nos ríos de chairas, cun curso divagante e de moi escasa pendente. Á súa vez, a elevación das ribeiras débese á perda de velocidade das augas xunto a elas, xa que durante as enchentes, as augas alcanzan maior velocidade na liña central do río, cortando os meandros pola parte convexa, ao revés do que sucede nas augas baixas, cando a forza centrífuga da auga tende a desprazar a corrente cara á parte cóncava. Este feito é o que explica os graves efectos da gran inundación de Valencia do 14 de outubro de 1957, e que causou polo menos 81 mortos, ademais moitos danos materiais: ao chegar a Valencia, o río Turia describe unha ampla curva ou meandro rodeando a cidade pola súa marxe dereita (parte convexa).

O estudo dos diques naturais dos ríos, así como dos puntos vulnerábeis que presentan para o eventual reforzamento e elevación con diques artificiais, constitúe un concepto esencial nos traballos de mantemento que deben realizar en todas as concas hidrográficas, sobre todo nas zonas ou áreas de escasa pendente, que son as máis vulnerábeis ás inundaciones producidas polos ríos. Así, na imaxe de satélite do delta do Mississippi pódense ver algúns cortes nos diques naturais dos brazos do río que actúan como aliviadeiro nas épocas de enchente das augas: a especie de pequenos deltas de cor branca producidos polos sedimentos ao saíren do río e espallarse constitúen unha mostra do que aquí se ha explicou.

Problemas

[editar | editar a fonte]

Os diques naturais dos grandes ríos constitúen enormes problemas de ordenamento das concas hidrográficas polas graves inundacións que poden causar a rotura dos mesmos. Para complicar aínda máis a situación, a rotura deses diques pode ser tanto por razóns naturais como por obra humana, para evitar inundacións maiores en áreas máis baixas da conca. O caso do río Amarelo na China é emblemático neste sentido, xa que o desvío do seu curso que sufriu por causas naturais repetiuse hai máis de medio século por obra humana. E no ano 2014, na conca do Mississipi tamén se decidiu abrir un aliviaidero en Vicksburg.

Asimetría

[editar | editar a fonte]

Os diques naturais dos ríos son asimétricos en canto á súa altura, constitución e extensión da chaira de inundación a que dan lugar, debido aos efectos do movemento de rotación terrestre, efectos que se refiren á desviación cara á esquerda dos corpos en movemento no hemisferio norte (ríos, ventos, correntes mariñas, avións, ferrocarrís, disparos de canóns e outras armas, etc.) e á dereita no hemisferio sur. Nos ríos do hemisferio norte, os diques naturais da esquerda teñen case sempre menor altura, polo que as inundacións, formación de meandros e migración do curso sempre adoitan producirse por dito lado. No hemisferio sur, ao contrario, o dique natural ou ribazo da dereita é o que adoota ter menor altura polo que é proclive a producir inundacións, meandros e migracións do curso por dito lado.

Imaxes de satélite

[editar | editar a fonte]

Nos programas de libre acceso sobre imaxes de satélite (Google Earth, Google Maps, WikiMapia, etc.) poden verse exemplos de diques naturais ao longo dalgúns ríos, sobre todo nos casos de inundacións, nos que se ven debuxadas as ribeiras dos ríos sobresaíndo entre as augas, tanto as do propio curso como as da chaira de inundación. Un exemplo moi interesante é o do río Paragua, o maior afluente do Caroní, en Venezuela, aínda que neste caso non se trata dunha inundación natural, senón a provocada polo encoro de Guri, cando o gran lago que embalsa as augas dos dous ríos remonta o Paragua e destacan nitidamente os diques naturais de dito río [3]. O río Paragua encóntrase á esquerda cun curso bastante ancho pola súa menor pendente, mentres que o pequeno río á dereita é o río Asa, afluente do Paragua, moito máis angosto, que discorre encaixado cunha pendente máis forte. En ambos os ríos vense as ribeiras que sobresaen sobre a chaira de inundación, pero moi ben definidas sobre a auga incluso coa vexetación que ocupa eses diques dos ríos.

E no tramo do delta do río Mississippi que pode verse augas abaixo de Nova Orleáns nunha imaxe de satélite proporcionada pola NASA, antes de que o furacán Katrina destruíra gran parte dos diques, tanto os naturais como os artificiais construídos na zona para canalizar as augas do río, tamén pode verse que as zonas máis elevadas (de cor verde pola vexetación) encóntranse, precisamente, nas ribeiras dos distintos brazos do río, onde tamén se construíron as vivendas. Así mesmo, tamén aquí se pode ver a asimetría dos diques naturais, sendo máis elevado, extenso, cultivado e poboado o da dereita, que é o que queda á esquerda na imaxe xa que o río se despraza aquí, aproximadamente, de norte a sur.

  1. Strahler, Arthur N. (1960): Physical Geography. New York: John Wiley & Sons, p. 356
  2. Monkhouse, F. J. (1978): Diccionario de Geografía. Barcelona: Oikos-Tau Ediciones, p. 264.
  3. O río Paragua entrando no embalse de Guri, en Venezuela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]