Directorio militar
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Directorio (homónimos).
En xeral, un Directorio Militar é a organización temporal do goberno dunha nación a modo militar por medio da forza das armas. Adoita compoñerse ben exclusivamente de militares, ou ben ten cabida algún cargo civil, todos eles procedentes das altas esferas do poder.
En España, os militares comezaron a tomar parte da vida política en 1841 co inicio da minoría de idade da raíña Isabel II, durante a rexencia de Espartero, aínda que neste caso non foi un directorio, senón unha rexencia.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- En novembro de 1918, trala sublevación contra o Hetmanato de Ucraína, creouse un directorio militar na República Popular Ucraína.
- En España, o primeiro Directorio recoñecido como tal foi o que creou Miguel Primo de Rivera entre 1923 e 1925. Estaba formado por 8 militares (cada un representando a cada unha das rexións militares da época) mais Primo de Rivera era o único que trataba asuntos directamente co rei Afonso XIII.