Saltar ao contido

Directory Access Protocol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Directory Access Protocol ou DAP é un estándar no eido das redes de ordenadores que foi promulgado pola ITU-T e pola ISO en 1998 para o aceso dun servizo de directorio X.500.

Pretendíase que DAP fose utilizado polos ordenadores clientes, pero non tivo a popularidade esperada debido á pouca dispoñibilidade das postas en funcionamento completas do protocolo ISO para seren executadas co hardware e os sistemas operativos dos ordenadores persoais da época.

As operacións básicas de DAP: Ligar (Bind), Ler (Read), Listar (List), Buscar (Search), Comparar (Compare), Modificar (Modify), Crear (Add), Borrar (Delete) e Modificar RDN (ModifyRDN) foron adaptadas para NDS (Novell Directory Services) e para LDAP (Internet Lightweight Directory Access Protocol).

As especificacións de DAP atópanse en X.511.