Dirk Scalongne
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1879 Ámsterdam, Países Baixos |
Morte | 1 de abril de 1973 (93 anos) Amstelveen, Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, tripulante de submarino |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
Dirk Scalongne, nado en Ámsterdan o 12 de decembro de 1879 e finado en Amstelveen o 1 de abril de 1973, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Scalongne era oficial da Mariña Real, foi capitán ao mando de varios submarinos, entre eles o primeiro neerlandés, o Hr. Ms. O 1, en 1907. Esgrimista de sona gañou co equipo neerlandés de sabre unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1912 celebrados en Estocolmo. Retirouse do exército en 1936 establecéndose en Batavia (Indias Orientais Neerlandesas). Durante a segunda guerra mundial, de 1942 deica 1945 mentres durou a ocupación xaponesa estivo confinado en Xava.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scalogne en dutchsubmarines.com, arquivado dende o orixinalArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. o 7 de marzo de 2016 (en inglés)