Dirty Dancing
Dirty Dancing | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dirty Dancing |
Director | Emile Ardolino |
Produtor | Linda Gottlieb |
Guión | Eleanor Bergstein |
Intérpretes | Patrick Swayze Jennifer Grey Jerry Orbach Cynthia Rhodes |
Música | John Morris Erich Bulling |
Fotografía | Jeffrey Jur |
Montaxe | Peter C. Frank |
Distribuidora | Vestron Pictures |
Estrea | 21 de agosto de 1987 7 de maio de 2011 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Amor |
Orzamento | $6 000 000[1] |
Recadación | $213 954 274 |
Filme seguinte | Dirty Dancing: Havana Nights |
Na rede | |
Dirty Dancing é unha longametraxe de xénero romántico con números de baile. Estreouse en 1987 e está escrita por Eleanor Bergstein e dirixida por Emile Ardolino. Acadou un importante éxito comercial e considerase un clásico da década dos oitenta. O intérprete masculino do filme é Patrick Swayze. Estreouse en galego na TVG o 7 de maio de 2011.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Johnny Castle é un profesor de baile con certa experiencia profesional. Baby Houseman, pola súa banda, é unha idealista e inocente moza. Durante a estadía de Baby no hotel de montaña no cal Johnny traballa polo verán como bailarín e profesor, coñécense.
Dende a primeira vez que Baby ve a Johnny, sente atracción por el a pesar das diferenzas entre os dous. Paseniñamente diversas situacións e a intención de Baby de axudar a Johnny e maila súa compañeira de baile fan que os dous se acheguen cada vez máis un ao outro. O baile axuda a crear unha atmosfera de complicidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Patrick Swayze como Johnny Castle
- Jennifer Grey como Frances "Baby" Houseman
- Jerry Orbach como Dr. Jake Houseman
- Kelly Bishop como Marjorie Houseman
- Jane Brucker como Lisa Houseman
- Cynthia Rhodes como Penny Johnson
- Jack Weston como Max Kellerman
- Max Cantor como Robbie Gould
- Lonny Price como Neil Kellerman
- Charles Coles como Tito Suarez
- Neal Jones como Billy Kostecki
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Dirty Dancing na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1987
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Lions Gate Entertainment
- Filmes rodados en Virxinia
- Filmes rodados en Carolina do Norte
- Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal
- Filmes sobre o aborto
- Filmes ambientados en 1963
- Filmes de 1987 con versión en galego