Saltar ao contido

Distrito dos Lagos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDistrito dos Lagos
Imaxe
Tipocordilleira
rexión xeográfica
lake area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Lake District (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCumbria, Reino Unido e North Yorkshire, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°30′00″N 3°10′00″O / 54.5, -3.1666666666667
Características
Altitude978 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións55 (ancho) × 55 (lonxitude) km
Punto máis altoScafell Pike (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (978 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie2.362 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2017 (41ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (v) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador422rev
Historia
Data de creación ou fundación1951 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorLake District National Park Authority (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio weblakedistrict.gov.uk Editar o valor en Wikidata

O Distrito dos lagos, tamén coñecido como os Lagos ou Lakeland, é unha rexión montañosa e parque nacional en Cumbria , Noroeste de Inglaterra. É famoso pola súa paisaxe, incluíndo os seus lagos, a costa e as montañas de Cumbria e polas súas asociacións literarias con Beatrix Potter, John Ruskin e os Lake Poets.

As montañas de Cumbria, ou páramos, inclúen as máis altas de Inglaterra:[1] Scafell Pike (978 m.), Helvellyn (950 m.) e Skiddaw (931 m.). A rexión tamén contén dezaseis lagos principais.[2] Inclúen Windermere, que cunha lonxitude de 18 km. e unha área de 14,73 km² é o lago máis longo e maior de Inglaterra, e Wast Water, que con 79 m. é o lago máis profundo de Inglaterra.[3][4]

O Parque Nacional do Distrito dos Lagos creouse en 1951 e abrangue unha área de 2362 km², a maior parte da rexión.[5] Foi designado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2017.[6]

Parque Nacional

[editar | editar a fonte]
Parque Nacional de Lake District (mostrado como o número 2) nun mapa de parques nacionais de Inglaterra e Gales.

O Parque Nacional do Distrito dos Lagos inclúe todo o distrito central dos Lagos, aínda que a cidade de Kendal, algunhas zonas costeiras e as penínsulas de Cartmel e Furness están fóra dos límites do parque. A zona designouse como parque nacional o 9 de maio de 1951, un mes despois do Peak District, o primeiro parque nacional do Reino Unido. Mantivo os seus límites orixinais ata 2016, cando se estendeu nun 3% cara ao oeste, en dirección ao Parque Nacional de Yorkshire Dales, para incorporar áreas de terra de alto valor paisaxístico ao redor do Val de Lune.[7]

O parque nacional recibiu 18,14 millóns de visitantes turísticos en 2022. Isto equivale a 29,15& millóns de días turísticos, contando visitas de máis de tres horas.[8] É o maior dos trece parques nacionais en Inglaterra e Gales e o segundo máis grande do Reino Unido despois do Parque Nacional de Cairngorms.[9] O seu obxectivo é protexer a paisaxe restrinxindo os cambios non desexados por parte da industria ou comercio. A área do parque nacional, coa excepción da extensión de 2016, designouse como Patrimonio da Humanidade en 2017 como paisaxe cultural. Este foi o cuarto intento de enumerar o parque, despois de que dous intentos na década de 1980 e un en 2012 fracasaran.[10][11]

O parque está gobernado pola Lake District National Park Authority, que ten a súa sede nas oficinas de Kendal. Dirixe un centro de visitantes en Windermere nunha antiga casa de campo chamada Brockhole,[12] Coniston Boating Centre,[13] e centros de información. A autoridade do parque ten 20 membros: seis nomeados polo Westmorland and Furness Council, catro polo Cumberland Council e dez polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Alimentación e Asuntos Rurais..[14]


Referencias
  1. Cumbrian Mountains: Philips' Elementary Atlas and Geography, edited by John Francon Williams published by George Philip & Son Ltd., 1882: (2) As montañas de Cumbria son un grupo dos condados de Cumberland, Westmoreland e o norte de Lancashire, preto da costa do mar de Irlanda. Conteñen a elevación máis alta de Inglaterra: Scaw Fell (Scafell Pike), 978 metros sobre o nivel do mar (consultado 2018)
  2. "Lake District facts and figures". Lake District National Park (en inglés). 2005-05-24. Consultado o 2024-02-05. 
  3. "Wastwater and the Lake District West Coast - explore and visit". Lake District National Park. 17 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  4. "Lake District National Park - Explore Windermere". Lakedistrict.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2016. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  5. "Lake District facts and figures". Lake District National Park Authority website. Lake District National Park Authority. 24 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  6. "English Lake District welcomed into UK UNESCO family as 31st UK World Heritage Site". unesco.org.uk. 9 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2017. 
  7. "Yorkshire Dales and Lake District national parks extend". BBC News. 1 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  8. "Tourism". Lake District National Park (en inglés). 29 de xullo de 2013. Consultado o 19de outubro de 2023. 
  9. "Lake District National Park – Home page". Lakedistrict.gov.uk. 6 de abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de abril de 2010. 
  10. "English Lake District welcomed into UK UNESCO family as 31st UK World Heritage Site". unesco.org.uk. 9 Jde xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2017. 
  11. "Lake District misses its World Heritage status bid". The Westmorland Gazette (en inglés). 7 de xuño de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  12. "Brockhole". Consultado o 22 de xuño de 2012. 
  13. "Coniston Boating Centre". Lake District National Park. 
  14. "The National Park Authorities (England) Order 2015, Schedule 1". Legislation.gov.uk. Consultado o 20 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]