División de Honra de Rugby Feminino
Aparencia
Localización e Datas | |
---|---|
País | España |
A División de Honra Feminina é a máxima competición de rugby en categoría feminina disputada no estado español por clubs de rugby. Esta competición foi creada na tempada 2010-11 como herdeira da Copa da Raíña baixo o formato de liga entre os sete mellores equipos do rugby feminino español, aínda que se espera que cando a competición estea asentada se pretende crear un sistema con dúas divisións diferenciadas (cada división territorial e a División de Honra) cun sistema de ascensos e descensos[1].
Equipos participantes na primeira edición (2010-11)
[editar | editar a fonte]- INEF Barcelona
- CRAT Universidade da Coruña
- Gaztedi RT
- Getxo Artea RT
- G.E. i E.G.
- Majadaonda RC
- Olímpico Pozuelo RC