Dobras gulares
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Blue_Whale_%28PSF%29.jpg/250px-Blue_Whale_%28PSF%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Bubble_Net_Feeding_2.jpg/250px-Bubble_Net_Feeding_2.jpg)
As dobras gulares son unha serie de pregaduras na pel que se estenden desde o bordo inferior da boca á zona ventral do corpo, até o embigo, que son exclusivas das especies dos cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, que son coñecidas comunmente como rorcuais.
As dobras gulares constitúen unha adaptación que ten a finalidade de permitir aumentar o diámetro da gorxa, é dicir, a súa superficie, cando os rorcuais se alimentan, estendéndose coma un fol cando o animal enche a boca de auga, materia orgánica e pequenos peixes, para logo, ao pregarse, filtrar o alimento través das barbas.[1]