Doctor Sleep (filme de 2019)
Doctor Sleep | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doctor Sleep |
Director | Mike Flanagan |
Produtor |
|
Guión | Mike Flanagan |
Baseado en | Doctor Sleep de Stephen King |
Intérpretes | |
Música | The Newton Brothers |
Fotografía | Michael Fimognari |
Montaxe | Mike Flanagan |
Estudio | |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Europa: 31 de outubro de 2019 8 de novembro de 2019 |
Duración | 152 minutos (estrea nos cinemas) 181 minutos (corte do director) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | 45 millóns de dólares[1][2] |
Recadación | 72,3 millóns de dólares[3][4] |
Filme anterior | The Shining |
Na rede | |
http://www.doctorsleepmovie.net | |
|
Doctor Sleep (comercializado tamén co título Stephen King's Doctor Sleep) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Mike Flanagan. Baséase na novela homónima de 2013 escrita por Stephen King, unha secuela doutra novela de King, The Shining. O filme, que tamén é unha secuela directa do filme The Shining, dirixido por Stanley Kubrick, está ambientado varias décadas despois dos eventos da historia orixinal e mestura elementos da novela de 1977 tamén. Doctor Sleep foi escrito, dirixido e editado por Mike Flanagan, e está protagonizado por Ewan McGregor como Danny Torrance, un home con habilidades psíquicas que tenta superar os traumas da súa nenez. Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran e Cliff Curtis intepretan os papeis secundarios.[5][6] No filme, un xa adulto Dan Torrance debe protexer unha rapaza con poderes semellantes dun culto coñecido como "The True Knot", que cazan nenos con habilidades psíquicas para permanecer inmortais.
Warner Bros. Pictures comezou a desenvolver unha adaptación cinematográfica de Doctor Sleep pouco despois de que a novela fose publicada no ano 2013. O produtor e guionista Akiva Goldsman escribiu un guión, mais o estudio non asegurou un orzamente para o filme até o éxito de recadación do filme de terror It, que tamén está baseado nunha novela de King. Flanagan foi contratado para reescribir o guión de Goldsman e para dirixir o filme. Flanagan dixo que o filme tentaría reconciliar as diferenzas entre a novela e o filme de The Shining. A rodaxe comezou en setembro de 2018 en Xeorxia, incluíndo Atlanta e as áreas limítrofes, e rematou en decembro de 2018.
Warner Bros. Pictures lanzou Doctor Sleep en todo o mundo a partir do 31 de outubro de 2019, e nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2019. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que louvou as interpretacións e a atmosfera, mais con certas reticencias pola súa duración.[7] Cunha recadación de $72 millóns en todo o mundo, a súa acollida polo público foi considerada decepcionante en comparación co éxito doutras adaptacións de novelas de King como It Chapter Two e Pet Sematary.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ewan McGregor como Danny "Dan" Torrance
- Roger Dale Floyd como Danny Torrance de neno
- Rebecca Ferguson como Rose the Hat
- Kyliegh Curran como Abra Stone
- Dakota Hickman como Abra Stone de nena
- Cliff Curtis como Billy Freeman
- Carl Lumbly como Dick Hallorann[9]
- Zahn McClarnon como Crow Daddy
- Emily Alyn Lind como Snakebite Andi
- Bruce Greenwood como Dr. John Dalton
- Jocelin Donahue como Lucy Stone
- Robert Longstreet como Barry the Chunk
- Carel Struycken como Grandpa Flick
- Alex Essoe como Wendy Torrance[9]
- Zackary Momoh como Dave Stone
- Jacob Tremblay como Bradley Trevor
- Henry Thomas como o camareiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Variety, ed. (6 de novembro de 2019). "Can 'The Shining' Sequel 'Doctor Sleep' Awaken the Box Office?". Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (10 de novembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "How 'Doctor Sleep' Went Into A Coma At The B.O. With Dreary $14M+ Opening, Following Surprise $17M+ Attack By 'Midway' – Update". Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ IMDb (ed.). "Doctor Sleep (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Doctor Sleep (2019)". The Numbers. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ YouTube, ed. (8 de setembro de 2019). "Doctor Sleep - Final Trailer [HD]". Warner Bros. Pictures. Consultado o 9 de setembro de 2019.
- ↑ Chitwood, Adam (8 de novembro de 2019). "‘Doctor Sleep’ Ending Explained: Bridging the Gap Between 'The Shining' Book and Film". Collider. Consultado o 25 de decembro de 2019.
- ↑ James Comtois (30 de outubro de 2019). SyFy, ed. "Critics Say Doctor Sleep Runs Long, but Star Rebecca Ferguson Shines". Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ Jeff Ewing (30 de outubro de 2019). "'Charlie's Angels', 'Dark Fate', 'Doctor Sleep'... Examining Surprising Box Office Flops". Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 9,0 9,1 Fleming Jr, Mike (1 de agosto de 2018). Deadline Hollywood, ed. "'Doctor Sleep' Gets Carl Lumbly For Dick Halloran, Alex Essoe For Wendy Torrance". Consultado o 17 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Doctor Sleep na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2019
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Mike Flanagan
- Filmes de vampiros
- Filmes rodados en Atlanta
- Filmes ambientados en Nova Jersey
- Filmes ambientados en Florida
- Filmes ambientados en Colorado
- Filmes ambientados en 1980
- Filmes ambientados en 2011
- Filmes ambientados en 2019
- Filmes baseados en obras de Stephen King
- Filmes sobre cultos
- Filmes sobre alcoholismo
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América