Dolores Delgado
Dolores Delgado García, nada en Madrid o 9 de novembro de 1962, é unha fiscal española, actual Fiscal Xeral do Estado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM), cursou tamén un máster impartido pola Escola de Práctica Xurídica de Madrid e a Universidade Complutense. Gañou unha praza de fiscal por oposición en 1989. Traballou como fiscal no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (1989-1993), na Fiscalía Especial Antidroga, e, desde 1993, na Audiencia Nacional.
Próxima a Baltasar Garzón, é experta na loita contra o terrorismo xihadista. En 2013 mostrouse en contra da entrega a Suíza do informático francoitaliano Hervé Falciani. Delgado, que participou como fiscal no caso de Adolfo Scilingo, mostrouse contraria a recortes ao principio de xustiza universal. Membro da Unión Progresista de Fiscais, en abril de 2018 converteuse en vogal do Consello Fiscal.
Ministra de Xustiza
[editar | editar a fonte]O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Xustiza do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. Cesou o 13 de xaneiro de 2020, sendo substituída por Juan Carlos Campo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolores Delgado |