Domingo Saavedra Sánchez (político)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Sarria, España |
Morte | 20 de novembro de 1976 Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 9 de outubro de 1958 – Ramón Taboada Salgado → Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
23 de febreiro de 1956 – 14 de abril de 1958 ← Leoncio Areal Herrera Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Ourense | |
1956 – 1958 ← Leoncio Areal Herrera – Ramón Taboada Salgado → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Familia | |
Pai | Domingo Saavedra Sánchez |
Domingo Saavedra Sánchez, nado en Sarria e finado en Madrid o 20 de novembro de 1976, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Domingo Saavedra Sánchez.[1] Inspector de traballo, membro de Falange Española ocupou os cargos de delegado do Frente de Juventudes e subxefe provincial do movemento ata que foi nomeado alcalde de Ourense en febreiro de 1956, finalizando un longo período de interinidade no que ocupara o cargo o tenente de alcalde Manuel García Manzano.[2] Polo seu cargo de alcalde foi nomeado procurador nas Cortes. En setembro de 1958 deixou o cargo para ocupar un posto directivo na empresa Barreiros en Madrid.[3] Finou en Madrid o 20 de novembro de 1976.[4]
Predecesor: Leoncio Areal Herrera |
Alcalde de Ourense 1956 - 1958 |
Sucesor: Ramón Taboada Salgado |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Luz Fernández Rego e foi pai de F. Javier, José Manuel e María Elena Saavedra Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso,10-2-1956, p. 5.
- ↑ La Región, 7-2-1956, p. 3.
- ↑ La Región, 18-9-1958.
- ↑ Necrolóxica en ABC,25-11-1976, p. 103.