Domingo Tarasconi
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1903 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de xullo de 1991 (87 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1921 - 1936 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
Domingo Alberto Tarasconi, nado o 20 de decembro de 1903 e finado o 3 de xullo de 1991 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar en Atlanta co que debutou en 1921. Ao ano seguinte fichou por Boca Juniors co que disputou 236 encontros e anotou 193 goles en dez anos. No club xeneize gañou catro campionatos de afeccionados (1923, 1924, 1926 e 1930), un campionato profesional (1931), 5 Copas da Arxentina e 1 Campionato de Honra (1925). Foi o máximo anotador da liga arxentina nos campionatos de 1922 (11 goles), 1923 (40 goles), 1924 (16 goles) e 1927 (32 goles).
Participou na xira que Boca realizou por Europa en 1925 e na que anotou seis tantos.
Deixou Boca no ano 1932, xogando posteriormente en Newell's Old Boys, Club General San Martín e Argentinos Juniors.
No ano 1934, xogando no Club General San Martín na liga de afeccionados, volveu ser o máximo goleador do campionato con 16 goles.
Tarasconi é o cuarto máximo goleador de Boca Juniors con 193 goles, por detrás de Martín Palermo (222), Roberto Cherro (220) e Francisco Varallo (194).
Coa selección de fútbol
[editar | editar a fonte]Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina en 1922, coa que se declarou medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 dos que tamén foi o máximo goleador con 11 goles en catro encontros. Tamén foi Campión da Copa América en tres ocasións, 1925, 1927 e 1929.
As súas cifras anotadoras nos Xogos Olímpicos de 1928, unha media de 2,75 goles por encontro, constitúen o récord en competición oficial internacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1903
- Finados en 1991
- Futbolistas olímpicos da Arxentina
- Xogadores do CA Atlanta
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Club General San Martín
- Xogadores do Argentinos Juniors
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Arxentinos de ascendencia italiana
- Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Futbolistas gañadores da Copa América