Dominio de cohesina
Dominio de cohesina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() dominio de cohesina único da proteína de armazón cipa do celulosoma de Clostridium thermocellum. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Cohesin | ||||||||
Pfam | PF00963 | ||||||||
Pfam clan | CL0203 | ||||||||
InterPro | IPR002102 | ||||||||
SCOPe | 1anu / SUPFAM | ||||||||
CDD | cd08546 | ||||||||
|
En bioloxía molecular, o dominio de cohesina é un dominio proteico. Interacciona cun domino complementario denominado dominio dockerina. A interacción cohesina-dockerina é a interacción fundamental necesaria para a formación do complexo no celulosoma de certas bacterias (o celulosoma é un complexo multiencimático extracelular unido á parede bacteriana que degrada celulosa).[1]
O compoñente scaffoldina da bacteria celulolítica Clostridium thermocellum é unha proteína non hidrolítica que organiza os encimas hidrolíticos nun gran complexo, chamado celulosoma. A scaffoldina comprende unha serie de dominios funcionais, entre os cales está un único dominio de unión á celulosa e nove dominios de cohesina, que son responsables de integrar as subunidades encimáticas individuais no complexo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shimon LJ, Bayer EA, Morag E, Lamed R, Yaron S, Shoham Y, Frolow F (March 1997). "A cohesin domain from Clostridium thermocellum: the crystal structure provides new insights into cellulosome assembly". Structure 5 (3): 381–90. PMID 9083107. doi:10.1016/s0969-2126(97)00195-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Este artigo contén texto en dominio público procedente de InterPro e Pfam - IPR002102.