Domo-kun
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Domo (どーもくん Domo-kun?) é un personaxe de ficción e a mascota oficial da cadea de televisión xaponesa NHK. Comezou a aparecer en viñetas de 30 segundos creadas moitas veces usando o estilo de animación stop motion. O personaxe debutou na televisión xaponesa o 22 de decembro de 1998.
As curtas con Domo foron dirixidas polo animador xaponés Tsuneo Gōda. Gōda di que, usando este proceso, pódese "crear unha obra chea de sentimento".
Domo é unha pequena criatura ovípara de cor marrón coa aparencia dun estraño monstro, ten os ollos negros e a boca aberta que revela os seus dentes puntiagudos. Naceu dun ovo e vive nunha cova subterránea co avó Usajii (do xaponés, "Usagi" = coello, "Oyaji" = home maior), un coello sabio ao que lle encanta ver a televisión e beber té. Tamén nesa cova vive con dous morcegos: Shinobu, que ten un problema de alcohol, e a súa filla Morio. Outro personaxe da serie curta é Tashanna, unha comadrexa moza de 17 anos que soña con ser modelo en Tokio.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome de Domo-kun vén do segundo episodio do programa, no que se escoita a un presentador de televisión dicindo as palabras: "Dōmo konnichiwa", que se pode traducir como "boa tarde" o "moi ola" e Kun, que é o honorífico usado para referirse a machos novos en xaponés.
Impacto cultural do personaxe
[editar | editar a fonte]Domo converteuse nunha icona da sociedade xaponesa (recoñecida polo 90% dos escolares) desde a que se venden todo tipo de artigos.
Nickelodeon transmitiu a serie nas súas pausas comerciais dobradas ao español en América Latina, sendo lanzada nesa rexión o 23 de xuño de 2008.
En 2013, NHK, cumprindo 60 anos de televisión, fixo unha proxección especial preto da súa sede, protagonizada por Domo.