Dona do corpo delgado
Aparencia
Dona do corpo delgado | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Colección Benito Soto |
Data de pub. | 1950 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dona do corpo delgado é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en (1950) na Colección Benito Soto.[1] Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[2]
Características
[editar | editar a fonte]É unha especie de escolma na que se inclúen poemas de tipos diversos e distintas épocas. Contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Logo dun poema inicial-prólogo, consta de 3 partes moi diferenciadas:
- "Dona do corpo delgado", con 3 poemas de tipo amatorio, relacionados metricamente co clasicismo da poesía de posguerra, nos que a soidade e o amor son confesións íntimas de Cunqueiro.
- "Dúas elexías", a Feliciano Rolán e Manuel Antonio, cun dramatismo existencial en sintonía coa Escola da Tebra.
- "Cantigas do amor cortés", escritas antes de 1936, nas que se aproxima máis á tradición medieval galego-portuguesa do que en anteriores recreacións neotrovadorescas.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
"Alterna, como consecuencia da distancia na factura das composicións, poemas fieis á vea hermética con outros de ton confidencial, nun laio máis gravemente humano, que preludia a aura nostálxica e amargue do derradeiro poemario. Nas “Cantigas” que conforman a última sección continúa o achegamento á tradición medieval, agora non só no eido galego-portugués, senón tamén na libre adaptación do “rondeau” francés.[3]"}}
Poemas
[editar | editar a fonte]- Recomendación da alma e do corpo
-Dona do corpo delgado
- Soedade primeira
- Soedades da miña branca señor
- Antiga noiva verde
-Dúas elexías
- Elexía a Feliciano Rolán
- Derradeira elexía a Manoel Antonio
-Cantigas de amor cortés
- A dama que ía no branco cabalo
- Quechemarín da verde bandeira
- O freixo está teste prá lanza labrar
- O cabaleiro da pruma na gorra
- Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do Vilar, no século XIV, cheirando unha frol
- Rondeau da dona enterrada en San Xohán de Badón, con dous anxos aos pés
- No bico do galo a-ialba
- Agora trobo o vento e maila lúa fría
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unha edición de Galaxia do ano 2003".
- ↑ Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 157. ISBN 84-8288-019-5.