Donatella Di Pietrantonio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1962 (63 anos) Arsita, Italia |
Educación | Università degli studi dell'Aquila |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria e pediatric stomatology (en) |
Ocupación | escritora, odontóloga, stomatologist (en) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Donatella Di Pietrantonio, nada en Arsita (provincia de Teramo) o 5 de xaneiro de 1962, é unha escritora italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Odontoloxía na Università degli studi dell'Aquila, onde se licenciou en 1986. Despois exerceu como dentista pedriática en Penne, na provincia de Pescara.[1]
En 2011 publicou a súa primeira novela, Mia madre è un fiume, ambientada na súa terra natal. Tamén nese ano publicou o relato Lo sfregio na revista Granta Italia de Rizzoli. En 2013 publicou a súa segunda novela, Bella mia. Ambientada en L'Aquila[1] e influenciada pola terremoto de L'Aquila de 2009, céntrase na perda e a elaboración do loito,[1]. A obra foi candidata ao Premio Strega e gañou o Premio Brancati en 2014.[2]
En 2017 publicou a súa terceira novela, L'Arminuta ("A Retornada" no dialecto abruzo[1]), ambientada tamén nos Abruzos. O libro explora o tema da relación nai-filla nos seus aspectos máis anómalos e patolóxicos.[1].
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Mia madre è un fiume (Elliot Edizioni, 2011) ISBN 978-88-6192-161-0
- Bella mia (Elliot Edizioni, 2013) ISBN 978-88-6192-434-5
- L'Arminuta (Einaudi, 2017) ISBN 978-88-584-2485-8
Contos
[editar | editar a fonte]- "Lo sfregio", Granta Italia nº. 2, Rizzoli, 2011
Artigos
[editar | editar a fonte]- "Le case delle bambole non devono crollare", Il Corriere della Sera, 2011
- "Abbottonati all'ingresso", Nuovi Argomenti n. 56, 2011
- "La cena della neve", Il Centro, 2012
- "Storie di montagna", Il Corriere della Sera, 2012
- "A cena per conoscersi", Il Corriere della Sera, 2015
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Letterario Tropea 2011[3].
- Premio Brancati 2014 por Bella mia.
- Premio Campiello 2017 per L'Arminuta [4][5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Roberto Ciuffini (27 de marzo de 2017). "Le due madri di Donatella Di Pietrantonio: intervista alla scrittrice abruzzese diventata un caso editoriale nazionale". news-town.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 09 de xaneiro de 2019.
- ↑ "'Bella Mia' di Donatella Di Pietrantonio candidato al Premio Strega". elliotedizioni.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 28 de outubro 2017.
- ↑ "Donatella Di Pietrantonio vince la quinta edizione del Premio Tropea". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 09 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Campiello: vince Donatella Di Pietrantonio con "L'Arminuta"". la Repubblica (en italiano). 9 de setembro de 2017.
- ↑ Eleonora Falci (10 de setembro de 2017). "Campiello, vince l'Abruzzo con L'Arminuta". ilcapoluogo.it (en italiano).