Saltar ao contido

Dorotea Bucca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDorotea Bucca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1360 Editar o valor en Wikidata
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1436 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Dorotea Bucca, nada en Boloña en 1360 e finada en 1436[1], coñecida tamén co nome de Dorotea Bocchi, foi unha médica, filósofa e universitaria italiana de finais do século XIV e comezos do XV. Aínda que as mulleres tiñan prohibido o ensino superior e o desempeño de moitas profesións, foi a primeira muller en ocupar unha cátedra na universidade italiana[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non se coñecen moitos datos sobre a súa vida, agás que naceu en Boloña[3][4] e alí se doctorou en Medicina e Filosofía Moral[5] e despois, a partir de 1390, ocupou unha cátedra de medicina e filosofía na Universidade de Boloña durante máis de 40 anos[6]. Esa mesma cátedra xa fora ocupada anteriormente polo seu pai, Giovanni Bucco[7][8], tamén afamado médico e filósofo[9]. A actitude cara ás mulleres capacitadas en medicina, semella ter sido máis aberta en Italia que en Francia ou en Inglaterra con anterioridade ao século XIX.

Xunto a Dorotea Bucca, outras mulleres de orixe italiana relacionadas coa práctica da medicina foron: Trotula Salerno (século XI), Abella, Jacobina Felicia, Alessandra Giliani (figura mítica por exercer a práctica das diseccións e por inventar unha técnica para introducir un líquido que permitía ve-los vasos sanguíneos, no século XIV)[7], Mercuriade (tamén do século XIV), Calrice di Durisio (século XV) ou Anna Morandi Manzolini (profesora de anatomía na Universidade de Boloña en 1760).[10]

No Museo da cidade de Boloña, aparece representada nun busto de terracota de 1690 aproximadamente[11].

  1. Wispelwey, Berend (2008). Biographical Index of the Middle Ages (en inglés). K.G.Saur. p. 173. ISBN 978-3-598-35437-3. 
  2. Barone, Arturo (2007). The Italian Achievement: An A-Z of Over 1000 'firsts' Achieved by Italians in Almost Every Aspect of Life Over the Last 1000 Years. Renaissance. p. 141. ISBN 9781898823551. 
  3. Garrido de Avendaño, Antonia (1836). La virtud aparente y Defensa de las mujeres. Imprenta de Palacios. p. 189. 
  4. Feijóo y Montenegro, Fr. Benito Gerónimo (1777). Teatro Crítico Universal. p. 377. 
  5. Mellado, F. de P. (1846). "Museo de las familias": 231–232. 
  6. Frize, M. (2013). Women in Science and Medicine in Europe Prior to the Eighteenth Century. En Laura Bassi and Science in 18th Century Europe (pp. 25-37). Springer Berlin Heidelberg.
  7. 7,0 7,1 "Sitio do Centro de Arte Feminista Elisabeth A. Sackler no Brooklyn Museum". Consultado o 11-02-2017. 
  8. Bailey Ogilvie, Marilyn (1986). Women in Science. Antiquity Through the Nineteenth Century: a Biographical Dictionary. MIT Press. p. 42. ISBN 9780262150316. 
  9. Biografia universale antica e moderna, Volume VIII. Tipografia di Alvisopoli. 1823. p. 231. 
  10. Mckenzie, Troy (2014). Women's worth, Priceless. Trafford. p. 139. ISBN 9781490747071. 
  11. "Busto de Dorotea Bucca". Arquivado dende o orixinal o 12-02-2017. Consultado o 11-02-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]