Dorotea de Cesarea
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 279 (Gregoriano) ![]() Capadocia ![]() |
Morte | c. 311 ![]() Kayseri ![]() |
Causa da morte | decapitación ![]() |
Actividade | |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Período de actividade | século III ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 6 de febreiro ![]() |
Dorotea de Cesarea é unha santa cristiá de existencia discutida. Suponse que foi martirizada no século IV.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É discutida a súa existencia, pois a súa popularización débese á Lenda dourada do século XIII, en que Jacopo della Voragine recompilaba haxiografías de dubidosa base documental.[1] Segundo a crenza, o prefecto Sapricio pediulle que ofrecese un sacrificio aos deuses, e ela negouse e foi torturada. O prefecto confiouna a Crista e Calista, dúas irmás apóstatas, para que a convencesen de que abandonase a relixión cristiá, pero ocorreu ao contrario: ambas volveron ao cristianismo e foron por iso queimadas vivas, mentres Dorotea foi condenada á decapitación.
Polo camiño ao martirio, atopou a Teófilo, quen lle dixo ironicamente: «Esposa de Cristo, mándame mazás e rosas do xardín do teu esposo». Dorotea aceptou e, antes da decapitación, mentres rezaba, apareceu un neno que lle trouxo tres rosas e tres mazás, a pesar de que estaban no inverno. Ela pediulle que llas levase a Teófilo, quen, visto o prodixio, se converteu ao cristianismo.
Culto[editar | editar a fonte]
A súa conmemoración litúrxica é o 6 de febreiro. É patroa dos floristas. Ten como atributo iconográfico unha cesta de froita e flores. Existen varias congregacións relixiosas devotas á santa, cuxas monxas reciben o nome popular de doroteas.
En Galicia é patroa da parroquia de Folgoso (Abegondo).
Use {{traducido de}} na páxina de conversa deste artigo no canto deste marcador.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorotea de Cesarea |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02.