Dositeo Neira Gayoso
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1841 ![]() Rosende, España ![]() |
Morte | 5 de setembro de 1932 ![]() Lugo, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Pai | Ramón Neira Montenegro ![]() |
Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo o 5 de setembro de 1932,[1][2] foi un fidalgo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Neira Montenegro e Ramona Gayoso Ulloa. Dedicouse á carreira diplomática, foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia. Elixido senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial. Vencellado a El Progreso, foi defensor dos perceptores de rendas na campaña antiforal desencadeada polo agrarismo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Purificación Pedrosa Ulloa e foi pai de Ramón e Blanca Neira Pedrosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 6-9-1932, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 18-9-1932, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pardo de Neyra, Xulio (2001): Dositeo de Neyra y Gayoso (1841-1932), paradigma da fidalguía galega na política da Galicia Liberal da Restauración. Traballo de investigación Universidade de Santiago de Compostela.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Senado
- Xenealoxía Neira Gayoso (Casa da Olga) Caraño - Pol. Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine.