Dositeo Ramos López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Castro de Rei, España ![]() |
Morte | 18 de marzo de 1941 ![]() Castro de Ribeiras de Lea, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Dositeo Ramos López, finado en Castro de Ribeiras de Lea (Ribeiras de Lea, Castro de Rei) o 18 de marzo de 1941, foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Mestre na escola da Liga Santaballesa de Instrucción en Santaballa. Aprobou as oposicións en 1917 e foi destinado á escola da Escanabada (Xustás, Cospeito).[1] Trasladouse á escola dos Pedregás en 1934.[2] Finou en Castro de Ribeiras de Lea o 18 de marzo de 1941.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María García Rois e foi pai de Manuel Ramos García.