Dositeo Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1935 Ribas de Sil, España |
Morte | 27 de marzo de 2020 (84 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | COVID-19 |
Actividade | |
Ocupación | político |
Dositeo Rodríguez Rodríguez, nado en Ribas de Sil o 17 de setembro de 1935 e finado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 2020, foi un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito e profesor mercantil, era interventor da Administración do Estado. Foi interventor adxunto do Ministerio de Sanidade. Traballaba en Lugo na Universidade de Santiago de Compostela cando foi designado en 1979 xerente polo daquela reitor Suárez Núñez. Naqueles tempos, Rodríguez era militante da UCD[1] ao igual que Suárez Núñez, que fora senador. Logo da substitución de Suárez Núñez polo novo reitor, Carlos Pajares, Rodríguez permaneceu no posto uns meses ata que dimitiu en 1984[1].
Marchou traballar a Madrid pero regresou para a administración autonómica, primeiro como asesor do Presidente Albor, e logo como asesor do conselleiro de Indutria, Santos Oujo, durante o goberno tripartito. Durante a época de Manuel Fraga incorporouse como interventor xeral da Xunta de Galicia e como conselleiro da Presidencia e Administración Pública (1990-1999). Ademais do seu asento no goberno foi elixido deputado no Parlamento galego polo PPdeG (1993-1999).
Presentouse en 1999 como candidato a alcalde de Santiago de Compostela polo Partido Popular, pero non conseguiu a alcaldía e permaneceu como concelleiro e voceiro do Grupo Municipal Popular no concello e vicepresidente da Deputación da Coruña (2003). Abandonou estes cargos todos en 2006[2].
Foi membro do padroado da Fundación Camilo José Cela. En 2013 o goberno designouno membro do Consello de Contas en substitución do falecido Xosé Antón Orza, e permaneceu no seu posto durante dous anos, ata o verán de 2015, dado que fora imputado pola súa xestión na Fundación Camilo José Cela. En xaneiro de 2020 foi absolto dos cargos[3].
Predecesor: Pablo González Mariñas |
Conselleiro de Presidencia e Administración Pública 1990 - 1999 |
Sucesor: Jaime Pita |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Faleceu aos 84 anos de idade como consecuencia da epidemia de coronavirus que afectou Galicia a comezos do ano 2020.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "«Le presenté la dimisión a Suárez Núñez veinte veces y no la aceptó »". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-04-24. Consultado o 2020-03-27.
- ↑ Dositeo Rodríguez deja la portavocía del PP en Santiago y su acta de concejal
- ↑ "Marina Castaño y Dositeo Rodríguez, absueltos por malversación de fondos en su etapa al frente de la Fundación Cela". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-11. Consultado o 2020-03-27.
- ↑ "Fallece el exconselleiro Dositeo Rodríguez a causa del coronavirus". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-27. Consultado o 2020-03-27.