Dosmasunoarquitectos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
dosmasunoarquitectos é un estudio de arquitectura español, con sede en Madrid.
Composición
[editar | editar a fonte]O estudio creárono en 2003 os arquitectos Ignacio Borrego (profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid), Néstor Montenegro (profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e na Universidade Europea de Madrid) e a arquitecta [Lina Toro]] (tamén profesora na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid).
Obra
[editar | editar a fonte]O estudio recibiu dende os seus inicios diversos premios (recibiu algún tipo de recoñecemento en 25 concursos nacionais e internacionais de arquitectura) e protagonizou numerosas exposicións e publicacións. Entre as súas obras destacan: as 102 vivendas no distrito madrileño de Carabanchel para a empresa municipal de vivenda de Madrid (con claras referencias a MVRDV, onde traballaron dous dos seus compoñentes, e que posúen cuartos con até 5 metros de beirado, aparentemente contraditorio con seren vivendas de baixo custo), unhas vivendas sociais en Málaga (que fixeron en cooperación con Mecanoo Architecten), a vivenda unifamiliar Casa Syntes en Pinto (Madrid) e a biblioteca e o museo anexo da Universidade de Alcalá de Henares, construída sobre o antigo cuartel da Garda Civil desa localidade, e onde conservan fachada, cuberta e estrutura.
Ademais, dende o 2006, son (mediante concurso gañado) os directores da revista Arquitectos do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en castelán)
- Blog oficial (en castelán)