Dreta de Catalunya
Dreta de Catalunya | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo, monarquismo e nacionalismo español |
Data de fundación | 6 de abril de 1933 |
Data de disolución | 1936 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dreta de Catalunya (en galego: Dereita de Cataluña) foi unha organización política de Cataluña, de ideoloxía conservadora, constituída en Barcelona o 6 de abril de 1933.[1]
Reuniu membros dos antigos partidos monárquicos como o avogado Santiago Torent e os industriais Joan Campmajó e Damià Mateu i Bisa, algúns dos cales militaran na Lliga Regionalista, que nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1932 se presentara xunto con Comunió Tradicionalista e Renovación Española, pero que só obtiveran 15.500 votos (3,32 %) e ningún deputado.
Presentouse ás eleccións xerais de España de 1936, celebradas o 16 de febreiro de 1936, dentro da Front Català d'Ordre, pero a Lliga Catalana acaparou toda a representación da coalición, polo que non obtivo representación nas Cortes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Molas, Isidre (2000) Diccionari dels partits polítics a Catalunya, segre XX, Barcelona: Enciclopedia Catalana, p. 60
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |