Dreucol
SOS, obra de Dadi Dreucol en Valencia (2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1980 (35/45 anos) Málaga, España |
Outros nomes | Dreucol Dadi Dreucol |
Actividade | |
Ocupación | pintor, artista urbano |
Sitio web | dadidreucol.com |
Dadi Dreucol, ou simplemente Dreucol, nado en Málaga na década de 1980, é o pseudónimo dun artista urbano español activo desde 2007,[1] e de nome real descoñecido.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fixo os primeiros graffitis aos doce anos, fascinado pola estética da pintura urbana.[2] Estudou Belas Artes en Valencia, onde se instalou durante varios anos, se ben logo regresou á súa cidade natal, Málaga.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa serie de murais máis famosa, comezada en 2015, foi a protagonizada por un personaxe semiespido con barba, que representaba un individuo desvinculado de calquera norma ou marca e coa que quería romper coa orde establecida.[2] A serie reportoulle sona e un periplo de actuacións en festivais, así como intervencións en espazos públicos promovidas polas administracións[3].
En 2018 rompeu con esa traxectoria de representación subvencionada[3] e comezou unha serie de intervencións irónicas e máis políticas sobre o espazo urbano e a súa modificación, como grafitis e táboas que simulaban carteis de venda de predios[3], carteis pegados sobre muro coas letras de "non ao graffiti"[3], ou pintadas de "non pintar a persiana" sobre persianas[3] de establecementos.
Porén, a partir de 2022 comezou a borrar a súa obra, repintando espazos públicos con rolo e pintura de cores claras e planas, ou inserindo táboas pintadas de branco e arrodeadas de letras que, xuntas, dispuñan o seu nome artístico[4].
Galería
[editar | editar a fonte]-
Graffiti no barrio de Albors (Valencia).
-
Graffiti en Valencia.
-
Graffiti na rúa Carrer de Tarazona (Valencia).
-
Graffiti en Valencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dadi Dreucol a Streetartbio
- ↑ 2,0 2,1 Dadi Dreucol, el grafitero desconocido nova no Diario Sur, 13/3/2013 (en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gallardo, Ángel (2023-10-01). "Dreucol, el artista que se borra de la calle". Diario Sur (en castelán). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ "'Borrar el contenido' (2022), por D.Dreucol.". Diario Sur. Consultado o 1/10/2023.