Drosofílidos
Drosofílidos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Drosophila sp. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilia | |||||||||||||||||||
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Drosofílidos |
Os drosofílidos (Drosophilidae) son unha familia de dípteros (moscas) diversa e cosmopolita, denominadas "moscas da froita" ou "do vinagre" (as moscas doutra familia, a Tephritidae, tamén se denominan moscas da froita, e non se deben confundir con estas). A especie máis coñecida da familia Drosophilidae é Drosophila melanogaster, que se utiliza amplamente como organismo modelo en estudos de xenética, desenvolvemento, fisioloxía, ecoloxía e comportamento. Estas moscas teñen unhas vidas moi curtas e presentan un envellecemento gradual. Identificáronse varios xenes que poden manipularse para ampliar a vida destes insectos.
Importancia económica
[editar | editar a fonte]En xeral estas moscas considéranse unha molestia, pero raramente unha praga, xa que a maioría das especies crían sobre vexetais podres. A especie Zaprionus indianus Gupta é pouco usual entre as Drosophilidae porque é unha praga importante para as colleitas comerciais de figos no Brasil.[1] Outra especie, Drosophila suzukii, infesta froitos de pel fina como framboesas e cereixas e pode ser unha praga agrícola importante.[2] As larvas de Drosophila repleta habitan desaugadoiros e poden espallar bacterias. Estas moscas da froita considéranse en xeral un vector común na propagación de bacterias do ácido acético[3] na natureza, o cal a miúdo estraga o proceso de fermentación alcohólica e pode arruinar o viño e a cervexa ao avinagralos.
Identificación
[editar | editar a fonte]Entre os caracteres diagnósticos das Drosophilidae están a presenza dunha vea subcostal incompleta, dúas interrupcións na vea costal, e unha pequena cela anal na á; sedas postocelares converxentes; e xeralmente tres sedas frontais a cada lado da cabeza, unha dirixida cara a adiante e as outras dúas dirixidas cara a atrás. Unha lista máis exhaustiva de características para a identificación poden atoparse en "Drosophila: A Guide to Species Identification and Use" de Therese A. Markow e Patrick O'Grady, (Academic Press, 2005) ISBN 0-12-473052-3, ou en "Drosophila: A Laboratory Handbook" de M. Ashburner, K. Golic, S. Hawley, (Cold Spring Harbor Laboratory Press, 2005).
Comportamento
[editar | editar a fonte]Cando estas moscas ven femias de avespas endoparasitoides, pasan a poñer os seus ovos en froitas podres que conteñen alcohol; o cal as protexe de converterse en hóspedes das larvas da avespa, xa que estas teñen unha baixa tolerancia ao alcohol.[4]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A familia contén máis de 4.000 especies clasificadas en 75 xéneros. Recentemente, publicouse unha clasificación filoxenética comprensiva dos xéneros baseada tanto en caracteres morfolóxicos coma moleculares.[5]
- Subfamilia Drosophilinae Rondani, 1856:
- Tribo Colocasiomyini Okada, 1989:
- Xénero Baeodrosophila Wheeler & Takada, 1964
- Xénero Balara Bock, 1982
- Xénero Chymomyza Czerny, 1903
- Xénero Colocasiomyia de Meijere, 1914
- Xénero Lissocephala Malloch, 1929
- Xénero Neotanygastrella Duda, 1925
- Xénero Phorticella Duda, 1924
- Xénero Scaptodrosophila Duda, 1923
- Xénero Protochymomyza Grimaldi, 1987
- Tribo Drosophilini Okada, 1989:
- Xénero Arengomyia Yafuso & Toda, 2008
- Xénero Bialba Bock, 1989
- Xénero Calodrosophila Wheeler & Takada, 1964
- Xénero Celidosoma Hardy, 1965
- Xénero Collessia Bock, 1982
- Xénero Dettopsomyia Lamb, 1914
- Xénero Dichaetophora Duda, 1940
- Xénero Dicladochaeta Malloch, 1932
- Xénero Drosophila Fallén, 1823
- Xénero Hirtodrosophila Duda, 1923
- Xénero Hypselothyrea Okada, 1956
- Xénero Idiomyia Grimshaw, 1901 (Hawaiian Drosophila)
- Xénero Jeannelopsis Séguy, 1938
- Xénero Laccodrosophila Duda, 1927
- Xénero Liodrosophila Duda, 1922
- Xénero Lordiphosa Basden, 1961
- Xénero Microdrosophila Malloch, 1921
- Xénero Miomyia Grimaldi, 1987
- Xénero Mulgravea Bock, 1982
- Xénero Mycodrosophila Oldenberg, 1914
- Xénero Palmomyia Grimaldi, 2003
- Xénero Paraliodrosophila Duda, 1925
- Xéneros Paramycodrosophila Duda, 1924
- Xénero Poliocephala Bock, 1989
- Xénero Samoaia Malloch, 1934
- Xénero Scaptomyza Hardy, 1849
- Xénero Sphaerogastrella Duda, 1922
- Xénero Styloptera Duda, 1924
- Xénero Tambourella Wheeler, 1957
- Xénero Zaprionus Coquillett, 1902
- Xénero Zaropunis Tsacas, 1990
- Xénero Zapriothrica Wheeler, 1956
- Xénero Zygothrica Wiedemann, 1830
- Incertae sedis:
- Xénero Marquesia Malloch, 1932
- Tribo Colocasiomyini Okada, 1989:
- Subfamilia Steganinae Hendel, 1917:
- Tribo Gitonini Grimaldi, 1990:
- Xénero Allopygaea Tsacas, 2000
- Xénero Acletoxenus Frauenfeld, 1868
- Xénero Amiota Loew, 1862
- Xénero Apenthecia Tsacas, 1983
- Xénero Apsiphortica Okada, 1971
- Xénero Cacoxenus Loew, 1858
- Xénero Crincosia Bock, 1982
- Xénero Electrophortica Hennig, 1965
- Xénero Erima Kertész, 1899
- Xénero Gitona Meigen, 1830
- Xénero Hyalistata Wheeler, 1960
- Xénero Luzonimyia Malloch, 1926
- Xénero Mayagueza Wheeler, 1960
- Xénero Paracacoxenus Hardy & Wheeler, 1960
- Xénero Paraleucophenga Hendel, 1914
- Xénero Paraphortica Duda, 1934
- Xénero Phortica Schiner, 1862
- Xénero Pseudiastata Coquillett, 1901
- Xénero Pseudocacoxenus Duda, 1925
- Xénero Rhinoleucophenga Hendel, 1917
- Xénero Soederbomia Hendel, 1938
- Xénero Trachyleucophenga Hendel, 1917
- Tribo Steganini Okada, 1989:
- Xénero Eostegana Hendel, 1913
- Xénero Leucophenga Mik, 1866
- Xénero Pararhinoleucophenga Duda, 1924
- Xénero Parastegana Okada, 1971
- Xénero Pseudostegana Okada, 1978
- Xénero Stegana Meigen, 1830
- Incertae sedis:
- Xénero Neorhinoleucophenga Duda, 1924
- Xénero Pyrgometopa Kertész, 1901
- Tribo Gitonini Grimaldi, 1990:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pest Alerts - Zaprionus indianus Gupta, DPI". Florida Department of Agriculture and Consumer Services. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-05.
- ↑ Drosophila suzukii Center of Invasive Species Research
- ↑ Vinegars of the World. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6
- ↑ Kacsoh BZ; Lynch ZR; Mortimer NT; Schlenke TA (Feb 2013). "fruit flies medicate offspring after seeing parasites". Science 339: 947–950. PMC 3760715. PMID 23430653. doi:10.1126/science.1229625.
- ↑ Yassin, Amir (2013) "Phylogenetic classification of the Drosophilidae Rondani (Diptera): the role of morphology in the post-genomic era". Systematic Entomology 38(2): 349-364
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Drosofílidos |
- Drosophilidae en italiano
- Diptera.info galería de fotos, en inglés
- Familia Drosophilidae no EOL, en inglés, imaxes