Druk Gyalpo
O Druk Gyalpo (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་པོ་; literalmente "Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután.[1] En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".
O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo.[2] Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").[3][4]
O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo.[5] Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.[2]
Lista de Druk Gyalpos
[editar | editar a fonte]Os Reis Dragón de Bután:[6]
- Ugyen Wangchuck (Primeiro Druk Gyalpo)
- Jigme Wangchuck (Segundo Druk Gyalpo)
- Jigme Dorji Wangchuck (Terceiro Druk Gyalpo)
- Jigme Singye Wangchuck (Cuarto Druk Gyalpo)
- Jigme Khesar Namgyel Wangchuck (Quinto Druk Gyalpo)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Constitution of the Kingdom of Bhutan (ed.). "Article 2: The Institution of Monarchy" (PDF). ISBN 99936-754-0-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "A Legacy of Two Kings". Bhutan 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Dzongkha-English Online Dictionary (ed.). "༈ རྫོང་ཁ་ཨིང་ལིཤ་ཤན་སྦྱར་ཚིག་མཛོད། ༼མི༽ "Dzongkha-English Dictionary: "MI"". Dzongkha Development Commission, Government of Bhutan. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2011.
- ↑ Dzongkha-English Online Dictionary (ed.). "༈ རྫོང་ཁ་ཨིང་ལིཤ་ཤན་སྦྱར་ཚིག་མཛོད། ༼མང-༽ "Dzongkha-English Dictionary: "MNGA"". Dzongkha Development Commission, Government of Bhutan. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2011.
- ↑ "Himalayan state crowns youngest king in the world". France 24. 6 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Hundred years of Monarchy: A walk down the memory lane". Bhutan 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
A Galipedia ten un portal sobre: Bután |