Saltar ao contido

Ducado de Ceneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ducado de Ceneda foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. Son escasas as informacións sobre as súas vicisitudes internas; durante o reino longobardo tivo un papel estratéxico rexional dun certo relevo, como testemuña a mesma erección a ducado, pola proximidade á cidade de Oderzo, que permaneceu longo tempo baixo control bizantino, pero xa non volveu ter un peso político relevante, encerrado como estaba entre os veciños e ben máis potentes ducados de Treviso, Vicenza e, sobre todo, do Friúl.

É incerta mesmo a data da institución do ducado; é posíbel que se remonte tanto no momento da conquista longobarda da zona, que tivo lugar nas primeiras fases da invasión guiada por Alboíno no 568, como en ocasión da destrución de Oderzo por parte de Grimoaldo (667), que repartiu as terras entre os habitantes Cividale, Treviso e, precisamente Ceneda. Na súa Historia Langobardorum (VI, 24), Paulo Diácono menciona só un duque de Ceneda: Orso, irmán do duque de Cividale Pedro e fillo de Muniquio, valoroso combatente que se distinguira na batalla perdida contra os eslavos polos longobardos liderados por Ferdulfo.

Ulterior proba da substancial marxinalidade do ducado é a relativamente tardía institución da correspondente diocese, establecida por Ceneda só na época do rei Liutprando (712-744) por transferencia da sede episcopal de Heraclea (outrora diocese de Oderzo)..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]