Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Duport Stradivarius tocado por Mstislav Rostropovich en 1978 .
O Duport Stradivarius é un violonchelo construído en 1711 polo luthier italiano Antonio Stradivari de Cremona . É moi similar ao Davidov Stradivarius , coa forma buono ou forma b que o luthier empregou a partir de 1710 . O instrumento recibe o seu nome por Jean-Louis Duport , quen o tocou arredor de 1800 . En 1812 , Duport permitiulle a Napoleon Bonaparte que o tocara; un burato, aínda visible no instrumento, dixe que foi feito polas esporas das botas do emperador. Auguste-Joseph Franchomme estableceu un récord de prezo pola súa compra ao pagar 22.000 francos en 1843 ao fillo de Duport. O fabricante de instrumentos Jean Baptiste Vuillaume empregou o Duport como principal modelo para os seus violonchelos. O Duport é un dos máis valiosos violonchelos Stradivari. Pertenceu e foi tocado por Mstislav Rostropovich entre 1974 e 2007 .
O instrumento pertence na actualidade aos herdeiros de Rostropovich.[ 1]
Lonxitude
75,5 cm
Ancho (parte superior)
34 cm
Ancho (no centreo)
22,8 cm
Ancho (parte inferior)
43,6 cm