Durga Chew-Bose
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 ![]() Montreal, Canadá ![]() |
Educación | Sarah Lawrence College (en) ![]() Universidade de Oxford ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, directora de cinema, produtora ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Durga Chew-Bose, nada en Montreal en 1986, é unha escritora canadense de orixe india, residente en Brooklyn.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Quebec, filla de pais de Calcuta.[1][2] Mudouse aos Estados Unidos con 17 anos, onde asistiu á escola en Novo México durante dous anos. Máis tarde, asistiu ao Sarah Lawrence College, e conseguiu unha estancia dun ano na Universidade de Oxford.[3][4]
Chew-Bose colaborou con diversas publicacións, como The Guardian, Buzzfeed, The Hairpin, Rolling Stone, GQ, The New Inquiry, n+1, Interview, Paper, Hazlitt, e This Recording.[5] Na revista Nylon, Kristen Iverson describe a Chew-Bose como "unha das ensaístas e críticas máis talentosas e perspicaces"; en The Guardian, Sarah Galo di, "Se os millenials teñen referencias intelectuais, a escritora Durga Chew-Bose é unha delas, cos seus escritos extensos e reflexivos sobre identidade e cultura que atraen a atención dos lectores"[6][7]
Chew-Bose tamén imparte clases de escritura no Sarah Lawrence College.[8]
Too Much and Not the Mood
[editar | editar a fonte]Esta obra toma o seu título do diario de Virginia Woolf de 1931.[9] Too Much and Not the Mood é unha colección de 14 ensaios nos que Chew-Bose describe "as complicacións de madurar e establecerse... o que significa ser unha moza negra nun mundo de brancos e o fermoso dilema de ser unha canadense de primeira xeración."[10][11]
Os críticos salientaron a innovación estilística da escritura de Chew-Bose. Too Much and Not the Mood inclúese nunha lista dos "15 lanzamentos de libros feministas máis esperados de 2017". Sadie L. Trombetta describiu o libro como unha "colección de ensaios, cartas, prosa, e poesía."[12] Too Much and Not the Mood foi tamén catalogado como "un dos 25 lanzamentos editoriais máis interesantes de 2017". Maris Kreizman dixo no New York Magazine's Vulture que "se admiras a habilidade de combinar o persoal e o académico nunha emocionante nova forma de arte de Maggie Nelson, Durga Chew-Bose será a túa nova escritora favorita."[13] Publishers Weekly dixo do seu libro que "os xiros da linguaxe e as apaixonantes referencias culturais, elevan o debut de Chew-Bose por encima das coleccións de ensaios persoais recentes de autores novos"
Writers of Color
[editar | editar a fonte]Con Buster Bylander, Jazmine Hughes e Vijith Assar, Chew-Bose fundou A web Writers of Color en abril de 2015.. Writers of Color é unha base de datos de escritores negros contemporáneos que busca "dar máis visibilidade aos escritores de cor, facilitando o acceso ás súas publicacións, construír unha plataforma fácil de usar para os editores e representar con exactitude aos escritores".[14][15][16][17][18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Too Much and Not the Mood by Durga Chew-Bose".
- ↑ Stern, Amanda (10 de abril de 2017). "Durga Chew-Bose". Interview Magazine. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ "Fact-Checking The New York Observer's Media Power Bachelorettes List". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Bulletin July 2007 | South Asian Women’s Community Centre – Centre communautaire des femmes Sud-Asiatiques". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "30 Under 30: The Envy Index".
- ↑ "50 Books We Can't Wait To Read In 2017".
- ↑ "Durga Chew-Bose: 'Women have been edited since we were little girls'".
- ↑ "Durga Chew-Bose". Sarah Lawrence College. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "10 brilliant emerging female authors to read in 2017". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Essays". ISSN 0362-4331.
- ↑ "Nonfiction Book Review: Too Much and Not the Mood: Essays by Durga Chew-Bose". Publishers Weekly (en inglés). 27 de marzo de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ "15 Most Anticipated Feminist Book Releases Of 2017".
- ↑ "25 of the Most Exciting Book Releases for 2017". New York Magazine.
- ↑ "The 100 Most Influential People in Brooklyn Culture - Brooklyn Magazine".
- ↑ "How To Solve Media's Diversity Problem".
- ↑ "The World Doesn’t Need More Female Music Critics".
- ↑ "Writers of Color.org". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Writers of Color • About". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Durga Chew-Bose en Twitter
- Too Much and Not the Mood
- Entrevista con Durga Chew-Bose Arquivado 25 de marzo de 2017 en Wayback Machine. no podcast de BuzzFeed Another Round (24 de marzo de 2015)