Dzidra Ritenberga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1928 Dundaga, Letonia (pt) |
Morte | 9 de marzo de 2003 (74 anos) Riga, Letonia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Bosque de Riga |
Educación | Jāzeps Vītols Latvian Academy of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 1948 - 1990 |
Premios | |
Dzidra Smiltēna, nada na vila de Dundaga, rexión de Curlandia, o 29 de agosto de 1928, e finada o 9 de marzo de 2003 foi unha actriz, de teatro e cine, e directora de cine letoa. Agraciada co premio a mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 1957 polo seu papel protagonista en Malva, filme inspirado na vida de Maxim Gorki. Como directora foi membro do Sindicato Soviético de Cineastas da República Socialista Soviética de Letonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduada de bacharel en Liepaja, pola Escola de Drama do Teatro Estatal letón e polo Departamento de Dirección do Conservatorio Estatal Letón (1974) foi unha actriz fixa do teatro da cidade de Liepaja (1948-1957), o Teatro Ruso de Riga (1957-1962), e do teatro de Moscova KS Stanislavsky (1962-1975). Posteriormente directora do equipo permanente do Riga Film Studio (1975-1990). Membro do sindicato soviético de cineastas desde 1958. Artista honoraria da República desde 1960. O actor Evgeny Urbansky foi o seu marido, finado no ano 1965 durante a rodaxe do filme “Director”. Despois da morte do marido Dzidra dá luz á filla de ambos, Yevgenia.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Directora
[editar | editar a fonte]Como directora explorou principalmente o drama, e as temáticas da masiva emigración letoa e do seu impacto familiar e cultural, as deportacións a Sibeira ou de forma remarcábel o drama dos abusos a mulleres na súa obra prima Šīs bīstamās balkona durvis.
Documental | Ano |
---|---|
Šīs bīstamās balkona durvis | 1976 |
Trīs minūšu lidojums | 1979 |
Vakara variants | 1980 |
Pats garākais salmiņš | 1982 |
Svešs gadījums | 1985 |
Pēdējā reportāža | 1986 |
Māja bez izejas | 1988 |
Valsis mūža garumā | 1990 |
Actriz
[editar | editar a fonte]Como actriz Dzidra foi un fenómeno nacional, e do neorealismo soviético, coa culminación do seu premio como Artista honoraria da República, o director Rihards Pīks a recordaba como unha [2]
muller admirábel, chea de vitalidade que tivo fascinados a moitos espectadores na súa patria e no estranxeiro.
Documental | Ano |
---|---|
Cēloņi un sekas | 1956 |
Malwa (Malva) | 1956 |
Atbalss | 1959 |
Kara ceļa mantinieki | 1972 |
Dunduriņš | 1974 |
Mans draugs – nenopietns cilvēks | 1976 |
Durvis, kas tev atvērtas | 1984 |
Palīgā (Fernsehserie) | 1998 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Letoa, Latvijas enciklopēdija. Personaxes, Capítulo 4. . Rīga : Valērija Belokoņa izdevniecība. 2007. 1001. lpp. ISBN 978-9984-9482-4-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- ↑ "Soviet Latvian actress Dzidra Ritenberga 1928-2003". 2016. Consultado o 18 de decembro de 2023.
- ↑ http://proekt-wms.narod.ru/zvezd/ritenberg-d.htm