EDUSAT
Aparencia
EDUSAT | |
---|---|
Tipo | Experimental / educativo |
Organización | Universidade La Sapienza de Roma |
Data de lanzamento | 17 de agosto de 2011, 7:12 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Dnepr[1][4] |
Sitio de lanzamento | Dombarovsky, rampla 370/13[1][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico e educativo.[1][5] |
NSSDC ID | 2011-044A |
Masa | 11 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7036 km[2] |
Inclinación | 98,4º[2] |
Apoapse | 691,1 km[2] |
Periapse | 639,2 km[2] |
EDUSAT é un satélite artificial da Universidade La Sapienza de Roma lanzado o 17 de agosto de 2011 mediante un foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky.[1][5][4]
Características
[editar | editar a fonte]O satélite ten unha masa de 11 kg e está deseñado para probar varias tecnoloxías en órbita. Está enfocado a que futuros satélites similares teñan participación da industria e de centros de investigación para os seus propios proxectos. EDUSAT adícase a facer medicións do campo magnético terrestre, a verificar principios dinámicos, á detección de raios cósmicos e a medir a constante solar, así como a estudar métodos de deorbitación de satélites, o comportamento de células solares en órbita e a validar un modelo de transpondedor en banda S.[1][5][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (24 de xaneiro de 2020). "EduSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 24 November 2011 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57272 (E)). 12 de novembro de 2012: 3. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2020). "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.