Environmental Research Satellites
Environmental Research Satellites, ou abreviadamente ERS, foi o nome dun tipo de satélites artificiais estadounidense adicado á realización de medicións e experimentos tecnolóxicos e de enxeñería no espazo.[1][2][3][4][5][6][7]
Segundo o modelo, os satélites ERS variaban en masa de 0,7 a 45 kg, en tamaño de 22 a 51 cm de diámetro, e podían levar entre un e 14 experimentos a bordo. Para abaratar custos, os satélites ERS eran lanzados como carga secundaria xunto con satélites máis grandes. Unha das funcións principais dos experimentos dos ERS era determinar a fiabilidade de compoñentes mellorados e subsistemas destinados a ser usados en satélites posteriores.[1][2][3][4][5][6][7]
Unha características especial dos satélites ERS era que funcionaban sen batería, tan só usaban células solares integradas na superficie dos satélites.[1][2][3][4][5][6][7]
Lanzáronse ata 33 satélites do tipo ERS tanto desde a base de Cabo Cañaveral como desde a Base Vandenberg da Forza Aérea e mediante foguetes Atlas e Delta.[1][2][3][4][5][6][7][8]
Os ERS dividíanse en diferentes familias que usaban diferentes designacións:
- TRS (Tetrahedron Research Satellite): foron dos primeiros satélites ERS e tiñan forma tetraédrica.
- ORS (Octahedron Research Satellite): tiñan forma octaédrica.
- OV5 (Orbiting Vehicle).
- TTS (Test and Training Satellite).
Varios dos satélites non se lanzaron por ser prototipos ou non se dispón de información sobre eles. Son os ERS 11 (prototipo) e os ERS 14, 19 e do 22 ao 25 inclusive (sen datos).[8]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2][3][4][5][6][7][8] | Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] | Carga[1][2][3][4][5][6][7][8] | Resultado[1][2][3][4][5][6][7][8] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8] |
---|---|---|---|---|
17 de setembro de 1962 | Base Vandenberg | TRS 1 (ERS 2) | Éxito parcial | Primeiro lanzamento dun satélite ERS. |
11 de novembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 1 | Fallo | |
17 de decembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 3 | Fallo | |
17 de decembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 4 | Fallo | |
9 de maio de 1963 | Base Vandenberg | TRS 2 (ERS 5) | Éxito | |
9 de maio de 1963 | Base Vandenberg | TRS 3 (ERS 6) | Éxito | |
12 de xuño de 1963 | Base Vandenberg | ERS 7 | Fallo | |
12 de xuño de 1963 | Base Vandenberg | ERS 8 | Fallo | |
19 de xullo de 1963 | Base Vandenberg | TRS 4 | Éxito | |
19 de xullo de 1963 | Base Vandenberg | ERS 10 | Fallo | O satélite non se separou do satélite principal, Midas 9. |
17 de outubro de 1963 | Cabo Cañaveral | TRS 5 | Éxito | |
17 de xullo de 1964 | Cabo Cañaveral | TRS 6 | Éxito | |
20 de xullo de 1965 | Cabo Cañaveral | ORS 3 | Éxito | |
9 de xuño de 1966 | Base Vandenberg | ORS 2 | Éxito parcial | |
19 de agosto de 1966 | Base Vandenberg | ORS 1 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | ORS 4 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | OV5 1 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | OV5 3 | Éxito | |
13 de decembro de 1967 | Cabo Cañaveral | TTS 1 | Éxito | |
16 de agosto de 1968 | Base Vandenberg | OV5 8 | Fallo | |
26 de setembro de 1968 | Cabo Cañaveral | OV5 2 | Éxito | |
26 de setembro de 1968 | Cabo Cañaveral | OV5 4 | Éxito | |
8 de novembro de 1968 | Cabo Cañaveral | TTS 2 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 5 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 6 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 9 | Éxito | |
27 de agosto de 1969 | Cabo Cañaveral | TTS 3 | Fallo | |
29 de setembro de 1971 | Cabo Cañaveral | TTS 4 | Éxito | Último voo dun satélite ERS. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk.2 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.2 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.3 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "OV5 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TTS, TETR (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2013.