Saltar ao contido

Base Vandenberg da Forza Aérea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Base Vandenberg da Forza Aérea


Tipobase aérea, cosmódromo e Lugar designado polo censo Editar o valor en Wikidata
EpónimoPhilip St. George Cooke (en) Traducir e Hoyt Vandenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deSpace Launch Delta 30 (en) Traducir e Western Range (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 34°44′16″N 120°32′15″O / 34.7379, -120.5374
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Santa Bárbara Editar o valor en Wikidata
Altitude112 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración5 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
marzo de 1941 – setembro de 1941aquisição (pt) Traducir ben inmoble
setembro de 1941 – 1942construción
5 de outubro de 1941 activation (en) Traducir
xuño de 1946 deactivation (en) Traducir
agosto de 1950 activation (en) Traducir
31 de marzo de 1953 deactivation (en) Traducir
abril de 1957 – 1959renovación
21 de xuño de 1957 transferência (pt) Traducir
4 de outubro de 1958 mudança de nome (pt) Traducir
14 de maio de 2021 transferência (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie57,293654 km², 57,068118 km² e 0,225536 km² Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aUnited States Space Force (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBvandenberg.spaceforce.mil Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: 30thSpaceWing Twitter: 30thSpaceWing Instagram: vandenberg_afb Youtube: UCim4yCI9sKyfinPuHqI9s3A Flickr: 183176955@N02 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Base Vandenberg da Forza Aérea está situada á beira do Pacífico, na costa central de California, a uns 240 km ao noroeste dos Ánxeles, no Condado de Santa Bárbara.[1] Úsase para lanzamentos espaciais e para probas de mísiles desde 1958.

En 1941 o exércido dos Estados Unidos comprou uns terreos que serían a orixe da base actual e que serían coñecidos como Camp Coooke. Recibiu o seu nome definitivo o 4 de outubro de 1958 en honor ao xeneral General Hoyt S. Vandenberg. O primeiro lanzamento dun mísil (un PGM-17 Thor) desde a base tivo lugar o 16 de decembro de 1958, e dous meses máis tarde, o 28 de febreiro de 1959, engalou o primeiro lanzamento espacial cun Thor/Agena levando a bordo o Discoverer I. O primeiro Atlas engalou desde a base o 9 de setembro de 1959 e máis tarde o primeiro Titan. En anos sucesivos diferente mísiles e foguetes espaciais foron sendo postos en servizo. Os proxectos máis ambiciosos proxectados para a base Vandenberg foron o proxecto MOL e o programa do transbordador espacial. O primeiro consistía nunha estación espacial militar tripulada que finalmente foi cancelada en 1969. En canto ao programa do transbordador, adaptouse unha das zonas de lanzamento (SLC-6) para ser usada polos transbordadores e que nunca chegou a entrar en servizo, sendo cancelada oficialmente en 1989. Esa mesma zona é usada agora polo Delta IV.

En 1995 creouse en Vandeberg o Espazoporto California, operado pola empresa Spaceport Systems International, e que fai uso das infraestruturas xa existentes na base para uso por parte de empresas comerciais.[2]

En 2020 lánzase dende alí o Sentinel 6.[1]

  1. 1,0 1,1 "Vandenberg Air Force Base, California". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22. 
  2. Mark Wade (2011). "Vandenberg" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]