EVA (filme de 2011)
Aparencia
EVA | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | EVA |
Director | Kike Maíllo |
Produtor | Sergi Casamitjana Francesc Olivares Jérôme Rougier Aintza Serra Eric Tavitian |
Guión | Sergi Belbel Cristina Clemente Martí Roca Aintza Serra |
Intérpretes | Daniel Brühl Marta Etura Lluís Homar Alberto Ammann |
Música | Evgueni Galperine Sacha Galperine |
Fotografía | Arnau Valls Colomer |
Montaxe | Elena Ruiz |
Estudio | Escándalo Films S.L. Ran Entertainment Saga-Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2011 |
Orixe | España Francia |
Xénero | Ficción científica |
Na rede | |
http://www.evalapelicula.com/ | |
EVA é un filme hispano-francés dirixido por Kike Maíllo que se estreou no 2011.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ano 2041. Un futuro non moi afastado no que os seres humanos viven acompañados de criaturas mecánicas. Álex, un reputado enxeñeiro cibernético, regresa a Santa Irene, despois de dez anos de ausencia, para realizar un encargo da Facultat de Ciències Robotiques: a creación dun neno robot. Durante ese tempo, o seu irmán David, e Lana, a antiga moza de Álex, casaron. Inesperadamente, a rutineira vida de Álex verase alterada por Eva, a filla de Lana e David, unha nena extraordinaria, magnética, que dende o primeiro momento establece unha relación de complicidade con Álex.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Daniel Brühl como Álex Garel
- Marta Etura como Lana Levi
- Lluís Homar como Max
- Alberto Ammann como David Garel
- Claudia Vega como Eva
- Anne Canovas como Julia
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2011: 3 Premios Goya: Mellor director novel, actor secundario (Homar) e efectos especiais. 12 nomeamentos.
- 2011: Festival de Sitges: Mellores efectos especiais.
- 2011: 5 Premios Gaudí, incluíndo mellor filme en lingua catalá e actor secundario (Homar).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)