EXOS A
EXOS A / Kyokko | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | En órbita, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 4 de febreiro de 1978, 7:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-3H[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kagoshima[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2] |
NSSDC ID | 1978-014A |
Masa | 126,0 kg[2][6] |
Potencia | 35 vatios[2] |
Baterías | Unha batería de níquel-cadmio.[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 8670 km[1] |
Inclinación | 65,4 graos[1] |
Apoapse | 3943,5 km[1] |
Periapse | 655,8 km[1] |
EXOS A (Exospheric Satellite A), tamén denominado Kyokko, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 4 de febreiro de 1978 mediante un foguete M-3H desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]EXOS A, xunto con EXOS B (Jikiken), foi unha contribución xaponesa ao Estudo Magnetosférico Internacional (IMS polas súas siglas en inglés). A súa misión foi estudar os fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres. O satélite tiña forma cilíndrica, con 0,946 m de diámetro, e con conos truncados como extremos do cilindro. A alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían case toda a superficie do satélite e producían ata 35 vatios de potencia, co apoio dunha batería de níquel-cadmio. Do ecuador do satélite sobresaían dous mastros de 1,9 m de lonxitude, cun imán no extremo de cada mastro para facilitar o aliñamento do eixo do satélite coas liñas locais do campo magnético terrestre. Do corpo do satélite tamén sobresaían dous conxuntos de antenas cuadripolo de polarización circular, un deles para transmitir en UHF (400 MHz) e o outro para transmitir en VHF (a 136 MHz para telemetría e 148 MHz para comandos). Os datos recollidos almacenábanse nunha cinta magnética capaz de almacenar 160 minutos de datos a 512 bps ou 40 minutos a 2048 bps.[1][2][3][6]
EXOS A deixou de operar o 2 de agosto de 1992. Entre os resultados científicos obtidos polo satélite, está a observación das auroras polares desde o espazo na rexión ultravioleta (1300 ángstroms), descubríndose que cando xorden as auroras prodúcese unha perturbación no plasma, producíndose unha forte emisión de ondas electromagnéticas.[7]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]EXOS A levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]
- Sondas de electróns.
- Analizador de enerxía de electróns.
- Cámara de televisión para aurora no ultravioleta.
- Espectrofotómetro para o resplandor no ultravioleta.
- Espectrómetro de masas para ións.
- Medidor electrostático de ondas de plasma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "KYOKKO 1 (EXOS A)" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (14 de maio de 2012). "Kyokko" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 1 May 1978 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-10700). 8 de maio de 1978: 2. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "EXOS 2 / Kyokko" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Exos A (Kyokko)" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EXOS" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ JAXA, ed. (2008). "KYOKKO" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.