Echmarcach mac Ragnaill
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI ![]() |
Morte | 1064 (Gregoriano) ![]() Roma, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Pai | Ragnall mac Gofraid Ragnall ua Ímair ![]() |
![]() |

Echmarcach mac Ragnaill, finado en 1065, foi un caudillo hiberno-nórdico, Señor das Illas e monarca viquingo do reino de Dublín e gran parte de Galloway.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo Seán Duffy era neto ou bisneto de Ivar de Waterford[1]. Benjamin Hudson, no entanto, vincula a Echmarcach como neto de Gofraid mac Arailt de Mann. De todas forma ambas as opinións son conxecturas xa que non sobreviviu moito rexistro histórico e por tanto existe pouca información.
A vida de Echmarcach estivo marcada de triunfos e derrotas. En 1036 logrou o trono de Dublín con axuda de Donnchad mac Briain, rei de Munster, posible irmán de Cacht ingen Ragnaill con quen Echmarcach casou en 1032; así como Donnchad mac Gilla Pátraic, rei de Osraige e Leinster, posíbel primo irmán. Foi expulsado por Ivar III Haraldsson (Imar mac Arailt) en 1038, pero recuperou o poder en 1046 cando xa era soberano absoluto de todas as illas do mar de Irlanda: Man, as Hébridas e polo menos Rhins of Galloway. Echmarcach volveu ser expulsado de Dublín en 1052 e da Illa de Man en 1061 por Murchad mac Diarmata. Clare Downham suxire que Echmarcach foi rival de Suibne mac Cináeda, anterior monarca de Rhinns.[2]

É bastante probábel que Echmarcach sexa Iehmarc, un do tres reis do noroeste (outro era Malcolm II de Escocia), quen segundo a crónica anglosaxoa era vasalo de Canoto o Grande, rei viquingo de Dinamarca e Inglaterra.[3]
Heimskringla menciona que Echmarcach devastou Bretland (Gales) con axuda do seu amigo e guerreiro viquingo Guttorm Gunnhildsson. Con todo, comezaron as desavinzas pola repartición do botín e enfrontáronse en batalla naval no estreito de Menai. Guttorm gañou a batalla tras orar a Olavo II o Santo e Echmarcach presuntamente morreu en combate.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Duffy, Seán, "Irishmen and Islesmen in the Kingdom of Dublin and Man 1052-1171", in Ériu 43 (1992): 96.
- ↑ Downham, Clare, Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014., Edimburgo, 2007. p. 171.
- ↑ Charles-Edwards, T. M.: Wales and the Britons, 350-1064, Oxford University Press, 2013, ISBN 0198217315 p. 574.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hudson, Benjamin. Viking Pirates and Christian Princes: Dynasty, Religion and Empire in the North Atlantic, Oxford: Oxford University Press.
- Woolf, Alex. The New Edinburgh History of Scotland, Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Sturluson, Snorri. Heimskringla: History of the Kings of Norway, trad. Le M. Hollander. Reprinted University of Texas Press, Austin, 1992. ISBN 0-292-73061-6.