Echymipera
Echymipera | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Echymipera é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos, familia dos peramélidos, que é o tipo da subfamilia dos equimiperinos[1]
Comprende cinco especies coñecidas na bibliografía como bandicuts espiñentos de Nova Guinea ou, simplemente, como bandicuts espiñentos.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista francés René Primevère Lesson, nun traballo publicado en Nouv. Tabl. Regn. Anim. Mammifères: 192.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Echymipera está formado polo elemento do latín científico Echy-, tirado do nome latino echīnus, 'ourizo cacho' e o latín pēra, 'alforxa'.[3] Literalmente 'os ourizos con bolsa' (aludindo ao marsupio).
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que cuñou Lesson, e actalmente valido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Peramelopsis Heude, 1896
- Suillomeles Allen & Barbour, 1909
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está fomada por cinco especies, coas subespecies seguintes:[1][4]
- Xénero Echymipera Lesson, 1842
- Echymipera clara Stein, 1932
- Echymipera davidi Flannery, 1990
- Echymipera echinista Menzies, 1990
- Echymipera kalubu (Fischer, 1829) [5][6]
- Echymipera kalubu cockerelli (Ramsay, 1877)
- Echymipera kalubu kalubu (Fischer, 1829)
- Echymipera kalubu oriomo Tate & Archbold, 1936
- Echymipera kalubu philipi Troughton, 1954
- Echymipera rufescens (Peters & Doria, 1875) [7][8]
- Echymipera rufescens australis Tate, 1948
- Echymipera rufescens rufescens (Peters & Doria, 1875)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Echymipera no MSW.
- ↑ Echymipera na ADW.
- ↑ Echymipera Arquivado 04 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en Animalia.
- ↑ Echymiperae Lesson, 1942 no ITIS.
- ↑ Echymipera kalubu no MSW.
- ↑ Echymipera kalubu no ITIS.
- ↑ Echymipera rufescens no MSW.
- ↑ Echymipera rufescens no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): "Dasyuromorphia" en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Echymipera Lesson 1842 (New Guinean spiny bandicoot) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Echymipera na ADW.
- Echymipera na EOL.
- As especies de Echtmipera na Lista vermella da UICN.