Economía de Güiana
Economía de Güiana | |
---|---|
Moeda | Dólar güianés (GYD) |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Caricom |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 6 593 millóns (2013) |
Posición do PIB | 163ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 5.3% (2013) |
PIB per cápita | 8 500 (2013) |
PIB por sector | agricultura 20.7%, industria 38.5%, servizos 40.8% |
Inflación | 3.9% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 313.100 (2009) |
Forza de traballo por sector | N/D |
Desemprego | 11% (2007) |
Industrias | bauxita, azucre, beneficiamento de arroz, madeira, téxtiles, extracción de ouro |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 1 337 millóns (2013) |
Produtos de exportación | azucre, ouro, bauxita, alumina, arroz, camarón, xarope de azucre, ron, madeira |
Principais mercados | Estados Unidos 30.8%, Canadá 28.9%, Reino Unido 6.2% (2012) |
Importacións | 2 039 millóns (2013) |
Principais produtos importados | manufacturados, máquinas, petróleo, alimentos |
Principais mercados | Estados Unidos 22.2%, Trindade e Tobago 21.9%, República Popular da China 12.3%, Cuba 6.1%, Suriname 4% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 846 millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía da Güiana ten mostrado un crecemento moderado entre 1999 e 2007, baseado nunha expansión dos sectores agrícola e mineiro. A economía depende da exportación de 6 produtos: azucre, ouro, bauxita, camaróns, madeira e arroz - que representan case o 60% do PIB do país, e son susceptibles ás condicións climáticas e aos prezos internacionais.[1]
Coa expansión dos negocios, ademais dunha taxa de interese máis realista, un control máis intenso da inflación e o apoio continuado de organizacións internacionais, a economía recuperouse despois das inundacións do 2005. O ingreso do país ao mercado común caribeño - Caricom - o xaneiro de 2006 ampliou os mercados de exportacións do país, especialmente as materias primas.[1] A inflación foi mantida baixo control. En anos recentes o país baixou a súa débeda externa, que hoxe é menos da metade do que era no inicio dos anos 1990.[1] Pero a pesar da mellora, o país ten buscado equilibrar unha débeda externa aínda grande coa necesidade de expansión do investimento público.[1]
Os problemas crónicos inclúen carencias no número de traballadores cualificados e infraestruturas deficientes.[1] Os baixos prezos de produtos-chave nos sectores mineiro e agrícola, combinados con problemas nas industrias de bauxita e azucre ameazan a xa tenue posición fiscal do goberno e ensombran o futuro.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).