Economía do ben común
Economía do ben común (no orixinal alemán Gemeinwohl-Ökonomie), é un proxecto económico aberto ás empresas e promovido polo economista austríaco Christian Felber que pretende implantar e desenvolver unha verdadeira economía sustentable e alternativa aos mercados financeiros na que necesariamente teñen que participar as empresas.[1][2][3]
Orixe do Proxecto de economía do ben común
[editar | editar a fonte]Os antecedentes remóntanse ao 31 de outubro de 2008, día no que Christian Felber xunto a Frank Crüsemann, Ulrich Duchrow, Heino Falcke, Kuno Füssel, Detlef Hensche, Siegfried Katterle, Arne Manzeschke, Silke Niemeyer, Franz Segbers, Ton Veerkamp e Karl Georg Zinn asinaron a declaración Frieden mit dem Kapital? Ein Aufruf wider die Anpassung der evangelischen Kirche an die Macht der Wirtschaft.[4] No ano 2009 Felber cofundó Bewegungsstiftung Österreich (Movemento Austria),[5] e en 2010 iniciou o proxecto Banca Democrática.[6]
En 2010 xunto a un grupo de empresarios Felber iniciou o desenvolveu práctico do modelo de Economía do Ben Común ou Economía do ben público, como unha alternativa real ao capitalismo de mercado e á economía planificada.[7]
Economía do Ben Común
[editar | editar a fonte]A Economía do Ben Común é presentada por Christian Felber como unha alternativa tanto ao capitalismo de mercado como á economía planificada. O proxecto parte duns criterios xerais, porén deber ser un modelo aberto que debe construírse entre todos os seus membros.[7]
Principios legais da Economía do Ben Común
[editar | editar a fonte]Segundo Felber moitas constitucións e normas legais recollen o principio segundo o cal a actividade económica debe servir aos intereses xeral e en xeral ao ben común ou ben público (??common good?? en inglés e ??Gemeinwohl?? en alemán). Así, por exemplo a Constitución de Baviera no seu artigo 151 indica que:[7][8]
Toda actividade económica serve ao ben común.
Para Felber a implantación da economía do ben común non é outro que adaptar a economía real capitalista (na que priman valores como o afán de lucro e a competencia) aos principios constitucionais que recolle, entre outras, a Constitución de Baviera.
Principios da Economía do Ben Común
[editar | editar a fonte]A economía do ben común débese rexer por unha serie de principios básicos que representan valores humanos: confianza, honestidade, responsabilidade, cooperación, solidariedade, xenerosidade e compaixón, entre outros.
Para os defensores da economía do ben común, aquelas empresas ás que guíen eses principios e valores deben obter vantaxes legais que lles permitan sobrevivir, fronte aos valores do lucro e a competencia actuais.
A economía real actual mídese o éxito económico con valores ou indicadores monetarios como o produto interior bruto e os beneficios que deixan fóra aos seres humanos e ao medio no que vivimos. Estes indicadores non nos din nada sobre se hai guerra, vívese nunha ditadura, se sobreexplotamos o medio, se se respectan os dereitos humanos etc. Da mesma maneira unha empresa que teña beneficios non nos indica nada sobre as condicións das súas traballadores nin sobre o que produce nin como o produce.
O balance do ben común mide como unha empresa vive: a dignidade humana, a solidariedade, a xustiza social, a sostibilidade ecolóxica, a democracia con todos os seus provedores e clientes.[7] Por exemplo, se a empresa promove a escravitude infantil, se hai desigualdade entre homes e mulleres, se as rendas dos traballadores están diferenciadas...
Finalmente, a avaliación deses valores poderá permitir ao consumidor escoller os produtos.
Felber propón un límite á propiedade privada e á herdanza.[7]
Implantación do proxecto
[editar | editar a fonte]A implantación do modelo teórico comezou en outubro de 2010 cun grupo de empresas de varios países que participan activamente cumprindo voluntariamente os requisitos do proxecto de economía do ben común. O grupo converteuse nun movemento político que mete presión ao goberno para que os principios teóricos plásmense definitivamente en leis.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vídeo de Christian Felber, Economía do Ben Común, en Vimeo - Attac -
- ↑ "Vorträge Christian Felber". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Gemeinwohl-Ökonomie: Zusammenfassung der Idee und Interview dazu. Arquivado 09 de abril de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Frieden mit dem Kapital? Ein Aufruf wider die Anpassung der evangelischen Kirche an die Macht der Wirtschaft.". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2020. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ "Bewegungsstiftung Österreich". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 04 de setembro de 2018.
- ↑ ""Demokratische Bank"". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de abril de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Christian Felber - A Economía do Ben Común, Christian Felber - 2011 - Vimeo". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ o_ben_comun_Felber.pdf Economía do ben común, Resumo de Christian Felber - abril de 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 2012 - La economía del bien común, Ed. Deusto, ISBN 978-84-234-1280-8
- 2011 - L'Economie citoyenne – ou quand l’intérêt général s’invite dans le bilan des entreprises, Actes Sud, ISBN 978-2-7427-9698-4
- 2010 - Die Gemeinwohl-Ökonomie – Das Wirtschaftsmodell der Zukunft, ISBN 978-3-552-06137-8
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proxecto de documental da EBC de Attac TV Arquivado 22 de abril de 2019 en Wayback Machine.
- Empresas e concellos de España comenzan a aplicar a Economía do Bien Común
- Francisco Álvarez Molina - A Economía do Ben Común, en blip.tv - attactv
- "Ninguén debe cobrar máis de 20 veces o salario mínimo" - Entrevista a Christian Felberg en La Vanguardia
- Reiniciando España, Salvados, 10 de xuño de 2012 - Vídeo
- Páxina de Christian Felber (en alemán)
- Portal Gemeinwohl-Ökonomie (en inglés)