Eder Mallo Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1993 (31 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol |
Eder Mallo Fernández, nado en Bilbao o 8 de xullo de 1993, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Bilbao, instalouse máis tarde en León e ingresou no colexio castelán-leonés de árbitros.[1] Debutou na Segunda División B na tempada 2018/19 e despois de catro anos na categoría e de 44 partidos dirixidos, ascendeu en 2022 á Primeira División RFEF.[2] En 2023 foi elixido para arbitrar na promoción de ascenso a Segunda División, dirixindo un partido das semifinais entre o Celta B e o Eldense.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manteca, ÓScar (6 de abril de 2023). "El CTA riza el rizo al designar a un vizcaíno para que arbitre al Eldense en su visita a Amorebieta" (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2023.
- ↑ Arias, Roberto (11 de agosto de 2022). "León ya cuenta con un árbitro en 1ª Federación" (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2023.
- ↑ "El Celta B pelea por su destino a la espera de sus mayores". Faro de Vigo (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 5 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).