Saltar ao contido

Edificio Lloyd's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio Lloyd's
O Edificio Lloyd’s dende a Plantation Place en Fenchurch Street
Edificio
TipoEdificio de oficinas
EstiloHigh Tech
Custo75 millóns de libras
Sistema estruturalElementos prefabricados de formigón armado
Localización1 Lime street, Londres, Inglaterra
Coordenadas51°30′47″N 0°04′57″O / 51.513055555556, -0.0825
PropietarioShelbourne Developments
ArrendatarioLloyd's of London
Construción
Inicio1978
Remate1986
Dimensións
Altura88 m
Altura máxima95,1 m
Plantas14
Equipo
Arquitecto(s)Richard Rogers
Enxeñeiro estruturalArup
editar datos en Wikidata ]

O Edificio Lloyd's de Londres é a sede do mercado de seguros Lloyd’s of London, está situado no número 1 de Lime street da City de Londres, nunha zona coñecida como Saint Mary Axe. Foi deseñado polo arquitecto británico Richard Rogers, gañador do premio Pritzker de arquitectura no 2007. Dende 2011 está incluído na lista de monumentos catalogados do Reino Unido, co máximo nivel (grao 1), sendo o edificio máis novo nesta categoría.[1]

O edificio foi deseñado por Richard Rogers e construído pola empresa Bovis entre os anos 1978 e 1986. Do mesmo modo que o Centro Pompidou de París (deseñado por Rogers e Renzo Piano), o Lloyd's foi un edificio innovador polo feito de plantear os seus servizos, como escaleiras, elevadores, condutos de electricidade e sistema de subministración de auga no exterior, permitindo liberar o interior, creando un espazo totalmente diáfano. Os doce elevadores panorámicos de vidro foron os primeiros deste tipo instalados no Reino Unido.

  • Premio "Architecture at Work" do Financial Times, 1987
  • Premio Civic Trust, 1987
  • Premio da Concrete Society, 1987
  • Premio rexional do RIBA, 1988
  • Premio PA a innovación no deseño e a construción de edificios, 1988
  • 8º Premio internacional Eternit de arquitectura, mención especial, 1988
  1. "Rogers' Lloyd's becomes youngest Grade-I listed building". The Architect's Journal (en inglés). 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]