Edith Ellis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edith Mary Oldham Lees 1861 Cheshire, Reino Unido |
Morte | 14 de setembro de 1916 (54/55 anos) Paddington, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | novelista, ensaísta, escritora de contos, activista polos dereitos das mulleres |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Havelock Ellis |
Edith Mary Oldham Ellis, de solteira Lees, nada en Newton (Lancashire) o 9 de marzo de 1861 e finada en Paddington (Londres) o 14 de setembro de 1916, foi unha escritora británica e activista polos dereitos da muller.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a única filla de Samuel Oldham Lees, un terratenente, e Mary Laetitia, de solteira Bancroft. A súa nai sufriu unha lesión na cabeza durante o embarazo e morreu cando Ellis era aínda bebé. En decembro de 1868 Samuel casou con Margaret Ann "Minnie" Faulkner e tiveron outro fillo.[2] Foi educada nunha escola de monxas en 1873. O seu pai cambiouna de colexio cando se decatou de que Edith cada vez tiña máis interese pola fe católica.
Uniuse á Fellowship of the New Life (a Comunidade da Nova Vida) e coñeceu a Havelock Ellis en 1887 nunha reunión.[3][4] A parella casou en novembro de 1891.
Desde o principio o seu matrimonio foi pouco convencional, pois Edith era abertamente lesbiana, e ao remate da lúa de mel, el regresou á súa vivenda de solteiro. Edith tivo varias aventuras amorosas con mulleres, das cales o seu marido estaba ao tanto.[5] A súa relación aberta foi o tema central da autobiografía de Havelock Ellis, My Life (1939).
A súa primeira novela, Seaweed: A Cornish Idyll, publicouse en 1898.[6] Durante este período, Edith comezou unha relación con Lily Kirkpatrick, unha artista irlandesa que vivía en St Ives (Cornualla). Edith ficou devastada trala morte de Lily pola doenza de Bright en xuño de 1903.[6]
Sufriu un forte ataque de nervios en marzo de 1916 e morreu de diabetes o 14 de setembro dese ano en Paddington.[1] James Hinton: a Sketch, a súa biografía do cirurxián James Hinton, foi publicada de xeito póstumo en 1918.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Seaweed: A Cornish Idyll. London: University Press. 1898.
- My Cornish Neighbours (1906)
- Kit's Woman[8] (1907)
- The Subjection of Kezia (1908)
- Attainment (1909)
- Three Modern Seers (1910)
- The Imperishable Wing (1911)
- The Lover's Calendar: An Anthology (ed.) (1912)
- Love-Acre (1914)
- Love in Danger (1915)
- The Mothers (1915)
- James Hilton: A Sketch (1918)
- The New Horizon in Love and Life (1921)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Edith Lees Ellis (1861-1916): homenaje de Find a..." (en castelán). Consultado o 2021-07-28.
- ↑ Jenkins, Lyndsey (2020). "Ellis [née Lees], Edith Mary Oldham (1861–1916), writer, lecturer, and socialist" (en inglés). ISBN 978-0-19-861412-8. doi:10.1093/odnb/9780198614128.013.90000369546. Consultado o 2021-06-24.
- ↑ Doan, Laura; Garrity, Jane (2006). Sapphic Modernities: Sexuality, Women, and National Culture. New York: Palgrave Macmillan. p. 184. ISBN 9781403984425.
- ↑ "Havelock Ellis. En noviembre de 1891, con 32 años de edad y todavía virgen, Ellis se casó con la escritora y luchadora por los derechos de las mujeres Edith Lee" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-27.
- ↑ Pettis, Ruth. "Ellis, Havelock". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 2014-03-27. Consultado o 2008-06-11.
- ↑ 6,0 6,1 Simkin, John (n.d.). "Havelock Ellis". Consultado o 2018-07-24.
- ↑ Ellis 1918.
- ↑ Publicada nos EUA como Steve's Woman.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grosskurth, Phyllis (1980). Havelock Ellis: a biography. New York: Knopf. ISBN 978-0-394-50150-5.
- Wallace, Jo-Ann (2000). "The Case of Edith Ellis". En Stevens. Modernist Sexualities. Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5161-6.