Editorial Nova
Editorial Nova | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1942 |
Fundador(es) | Arturo Cuadrado e Luís Seoane |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Editorial Nova foi unha editorial galega creada en Buenos Aires en 1942 por Arturo Cuadrado e Luís Seoane.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto editorial naceu tras abandonaren Arturo Cuadrado e Luis Seoane a editorial Emecé, creada en 1939 por Mariano Medina del Río e Carlos Menéndez Braun, e onde Cuadrado e Seoane dirixían coleccións. Naceu co obxecto de divulgar a cultura de Galicia, mais axiña foi ampliando as súas coleccións cara á literatura hispánica. Os libros editados tiñan unha coidada presentación, contando co traballo de artistas plásticos.
A colección Pomba, despois renomeada Paloma, estaba dirixida por Arturo Cuadrado, e incluíu as obras Aprendizaje de la soledad de Ulyses Petit de Murat (1943), Versos de guerra y paz de Arturo Serrano Plaja (1945), Los peces turbados de Arturo Cuadrado co pseudónimo de Venancio Viera (1945), La cabellera oscura de Clara Silva, con prólogo de Guillermo de Torre, Maretazos de Jesús Cancio con pŕologo de Cipriano de Rivas Cherif e reproducións de cadros de José Gutiérrez Solana (1945), El viento en la bandera de Cayetano Córova Iturburu (1945), Anillo de sal de Vicente Barbieri (1946) ou Playa sola de Alberto Girri cun estudo introdutorio de Lorenzo Varela (1946).
A colección Camino de Santiago estaba destinada a temas e autores galegos, e incluíu Cuadros de la guerra de Concepción Arenal (1943), unha antoloxía de Xoán Rodríguez de Padrón con ilustracións de Manuel Colmeiro Guimarás (1943), Estudio sobre el origen y la formación de la lengua gallega de Martín Sarmiento (1943), Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares de Jesús Rodríguez López (1943), Don Diego Gelmírez de Manuel Murguía (1943), Adolescencia de Ramón Otero Pedrayo ou Historias e invenciones de Félix Muriel de Rafael Dieste.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Axeitos, X. L.; Seoane, X. (coordinadores) (1994). Luís Seoane e o libro galego na Arxentina [1937-1978]. Deputación da Coruña. pp. 11–13.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Josep Mengual Català (1 de agosto de 2014). "Nova, ejemplo de edición gallega en Buenos Aires". Negritas y cursivas (en castelán).